|
|
A Escola Municipal de Música de Vigo ofrece un concerto na prisión da Lama |
|
|
| por Vm - 16/05/2008 | | |  | | | | | A Orquesta da Escola Municipal de Música de Vigo. REMITIDA. | | | | A Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo realizará un concerto no auditorio do cárcere da Lama mañá, 17 de maio, "Día das Letras Galegas" as 17.30 horas. Este concerto está organizado pola Asociación penitenciaría "Concepción Arenal" que estuda e colabora coa reinserción social dos liberados.
A Escola Municipal de Música de Vigo inicia así unha colaboración social coa asociación "Concepción Areal" co obxectivo de abrir novas portas que axuden a reinserción social dos presos e ademais, para os alumnos do Centro, converterase nunha experiencia única que os fará ver a este colectivo con outros ollos.
O programa a interpretar consta de dúas partes: unha primeira parte integrada por obras de Bach, Beethoven, Rossini e Mahler e unha segunda de estilo Pop e caribeño. O concerto dirixido por Óscar Davila terá ademais unha orientación didáctica para unha mellor compresión das pezas.
A Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo nace no ano 2000 no seno do propio Centro. O seu estreo realizouse no Auditorio do Concello de Vigo o 21 de novembro de 2000. Esta agrupación ten como finalidade interpretar e divulgar a música dun xeito didáctico e lúdico.
Durante estes anos realizou innumerables concertos, actuou no Teatro Municipal de Olot (Girona) o 18 de Maio de 2001, o 21 de xuño de 2001 no concerto "día internacional da música no Auditorio "Martín Codax" do Conservatorio Superior de Música de Vigo, o 17 de Maio de 2003 o Concerto "día das letras galegas" en Santiago de Compostela e concertos en distintos lugares da xeografía galega, en Ribadeo, Porriño, Beade (Vigo), Allariz, Zaragoza, etc.
Ademais ten desenvolvido varios programas didácticos, en maio do 2003 "O Carnaval dos Animais", en maio de 2005 "Moldava" realizando varios concertos na cidade de Vigo organizados pola Concellería de Educación e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Anualmente realiza un programa de concertos nas actividades organizadas pola Escola Municipal de Música de Vigo: Concerto "Serán Ceciliano", Concerto de Nadal, Concerto de Entroido, Concerto Novosmúsicos no Auditorio do Centro Cultural Caixanova, Concerto didáctico "Música e Movemento" e Concerto "Día Internacional da Música". Cabe destacar o concerto ofrecido no Auditorio de Zaragoza o 8 de febreiro de 2005 na celebración do Encontro Musical entre as Escolas de Música de Zaragoza e Vigo cun grande éxito de crítica e público. |
|
|
|
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 96 votos ¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?
|
|
|
|
|