Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

A Deputación distingue a traxectoria de Alfredo Magín Froiz coa medalla de ouro da provincia

por Vm - 08/08/2008
Foto de familia de los premiados. REMITIDA

A Deputación de Pontevedra concedeu onte á empresa Froiz a Medalla de Ouro da Provincia no acto celebrado no Pazo Provincial e entregou mencións honoríficas ás traxectorias distinguidas de Alejandro Gómez, Alfonso Vilar, a Asociación San Francisco, o Parador Conde de Gondomar de Baiona e a empresa Extrugasa nas categorías de Deporte, Cultura, Acción Social, Turismo e Empresa respectivamente.

Con este galardón, a Deputación sobresae a traxectoria do Grupo Froiz, representado na persoa do seu fundador e presidente, Alfredo Magín Froiz, "polo seu carácter emprendedor, pola súa calidade e competitividade, e pola indubidable vocación social da empresa", afirmou o presidente provincial, Rafael Louzán.

Un grupo empresarial que hoxe factura preto de 460 millóns de euros, dá emprego a máis de 4.000 traballadores e conta con 240 puntos de venta en toda España, que conta con capital enteiramente galego e figura entre as vinte primeiras empresas do sector da alimentación e da distribución en España, sendo ademais a segunda de Galicia. "Pero, máis alá da súa dimensión e dos seus niveis de facturación e ocupación, —destacou Louzán— Magín Froiz soubo manter un forte compromiso co seu entorno social e económico máis directo, pois ven mantendo, dende fai anos, unha loubable colaboración en proxectos deportivos, culturais, educativos, lúdicos e solidarios".

No apartado de premio Traxectoria distinguida, a Deputación recoñeceu o labor social da Asociación Galega San Francisco de Vigo, entidade que o longo de corenta anos ven adicándose ó tratamento ininterrompido das persoas afectadas con discapacidade intelectual e sensorial.

En Deportes, o premio Provincia de Pontevedra deste ano foi para o atleta vigués Alejandro Gómez Cabral porque "o seu brillante currículo é a proba máis evidente de que no deporte, como na vida, o esforzo para acadar unhas metas tén sempre unha recompensa", dixo Louzán. "En Alejandro Gómez, —sinalou— premiase non só unha esforzada e exitosa carreira profesional, que o converten nun dos deportistas máis importantes da provincia de tódolos tempos, senón tamén a todo un símbolo e un exemplo do deporte provincial".

No eido empresarial, o Premio foi acadado pola firma Extrugasa, do Grupo Quintá, polo seu grande desenvolvemento empresarial. A empresa, que facturou 110 millóns de euros en 2007, é modelo da cultura emprendedora da provincia, da mellora da competitividade empresarial, da implicación da empresa na sociedade e "da certeza de que, hoxe, nun mundo de economía globalizada, a calidade é un requisito imprescindible para competir e aínda para sobrevivir".

Máis premios

O premio Provincia de Pontevedra, no apartado do Turismo, outorgóuselle ó Parador Condes de Gondomar de Baiona. A Deputación valorou nel o seu papel de "punta de lanza" da oferta hoteleira de calidade e a súa decisiva contribución a que Baiona e as Rías Baixas sexan hoxe un referente nacional e internacional do turismo de excelencia e calidade. Dende a súa implantación na vila real en 1966, o Parador Condes de Gondomar é un buque insignia de Baiona e da Rede Nacional de Paradores.

Finalmente, no eido cultural, o Premio da Provincia foi para o escultor Alfonso Vilar, artista becado pola Deputación, quen ademais é o escultor galego que elaborou o maior número de monumentos públicos adicados ós homes e costumes de Galicia. "O seu continuo esforzo e a súa vocación por preservar a cultura e as sinais de identidade de Galicia no patrimonio público e na escultura son as razón polas que se lle outorga este galardón".

Un recoñecemento merecido, en verbas do presidente, posto que todos os premiados "son fieis representantes do que é a sociedade pontevedresa. Unha sociedade que ofrece oportunidades a todos os que veñen a buscalas, una sociedade integradora, que se converteu, por propios méritos, no motor económico, social e cultural de Galicia".

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 46 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com