Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

A Deputación concede case 200.000 euros a 37 asociacións da provincia para obras de interese comunitario

por Vm - 01/08/2008

A Deputación de Pontevedra aprobou a concesión de case 200.000 euros para obras de interese comunitario, dos cales 86.800 euros foron para 23 agrupacións do sur da provincia. Unhas axudas que corresponden ó Programa de Acción Comunitaria do ano 2008. En Covelo, para a rehabilitación do muíño de abaixo de San Breixo. En Mondariz, para a adquisición de mobiliario para os veciños de Lougariños. En As Neves, para a limpeza de mananciais en Liñares. En A Cañiza, para o arranxo dun depósito en San Lourenzo Parada.

Mentrás, en Arbo para un depósito de auga potable en San Miguel de Cequeliños; para a restauración de dous muíños de Vilar Cabeiras e do seu entorno; e para o regadío de Correlo-Almuíña. En A Guarda, para o arranxo de vestiarios no campo das Chans. En O Rosal, para substitución de tubarias de auga en tres camiños do centro de Pancenteo; para a construción dun novo depósito en Portecelo; e para substitución de tubarías de abastecemento en Eiras.

Tamén se beneficiaron os concellos de Salvaterra de Miño, para a adquisición de material para a posta en marcha de actividades por parte dos veciños de A Lucerna; o de Crecente, para o aproveitamento e captación de auga da Ribeira; para a dotación de mesas na área recreativa Lobariñas; para o cambio do reforzo da liña eléctrica da casa cultural de Sendelle; e para o acondicionamento e mellora do regadío en Portela-Perdigón-Penagrande.

En Oia, para obras no interior do centro social de Mabia e para o cerramento exterior; para o arranxo do campo de bolos de Burgueira; para a adquisición de 50 sillas para ao novo centro cultural de Pedornes; para o revestido e pintado exterior e interior e forrado de piares da agrupación Veigas de Mougás. En Ponteareas, para o alumeado do entorno da igrexa de Arnoso. En Tui, para a restauración da capela da Misericordia; e para a pavimentación do cemiterio parroquial San Xoán Bautista de Paramos

O restante das axudas, 109.000 euros, o levaron 14 agrupacións do entorno de Vigo. En Nigrán foron subvencionadas o acondicionamento dun local social de A Unión e a adquisición de mobiliario para o salón de xuntas da asociación Outeiro Parada. En Vigo, a Deputación subvencionou a adquisición e colocación de parqué dinámico para maiores na asociación da terceira idade Nevox. En Porriño concedéronse axudas para a instalación de muros en desanches de viais. En Baiona a Deputación colaborará na mellora dos accesos ó campo de fútbol de Baredo.

En Fornelos de Montes a institución provincial colaborará na traída de augas de Entrerríos-Laxe. En Redondela o peche e adecentamento das terrazas do centro cultural de Cedeira; instalación de calefacción na planta baixa do local Chan das Pipas de Saxamonde; a reparación e acondicionamento do interior dos depósitos de auga do Cruceiro; e a mellora do camiño do Laranxo.

En Soutomaior a institución colaborará na reparación do chan e pintado do local da asociación Moreira. En Pazos de Borbén acometeranse melloras no local social e salón de actos da recreativa de Moscoso e a mellora da traída de augas de Amoedo. En Porriño, o organismo concedeu unha colaboración para o acondicionamento do local social de O Castelo.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 87 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com