Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

A Deputación inviste 116.454 euros en subvencións para reformas de infraestructuras culturais do sur da provincia

por Vm - 30/07/2008

A comisión informativa de Cultura da Deputación de Pontevedra acordou resolver favorablemente distintas subvencións por importe total de 116.454 euros para 20 agrupacións culturais das comarcas de Val Miñor, Baixo Miño, Louriña e Condado-Paradanta correspondentes á execución de obras de mellora de infraestruturas.

En Gondomar, a institución provincial sufragou os gastos das obras de rehabilitación do local cultural da Asociación San Roque de Morgadáns para dotala de almacén e aseos acondicionados para persoas con minusvalía, tamén revestíu o exterior do edificio do centro cultural A Merced de Chaín e reformou a igrexa parroquial de San Vicente de Mañufe. En Nigrán, mellorou a fachada do local social da Asociación de Veciños de Chandebrito, cambiou a tella no centro cultural de Parada do Miñor, e reformou o falso teito do salón de actos do local da Asociación de Veciños de Outeiro Parada. En Baiona, remodelou e restaurou o centro social da Asociación Centro Recreativo e Cultural do Casino de Sabarís.

No Baixo Miño, a Deputación recuperou o retablo maior do templo parroquial de Santa María de Oia, e arranxou o local social da Asociación Rego da Salgosa, en Tomiño, onde tamén levou a cabo as obras de acondicionamento do salón de exposicións do Centro Social de Estás.

No concello de Crecente, rehabilitou o piso da igrexa parroquial de San Caetano de Quintela, restaurou o retablo maior da parroquia de San Pedro de Filgueira, na súa primeira fase, e recuperou, asemade, o retablo maior da igrexa parroquial de San Xoan Bautista de Angudes, tamén na súa primeira fase. En Ponteareas, pola súa banda, reformou as instalacións do centro cultural de Os Muiños de Oliveira. Finalmente, en Mos restaurou e rehabilitou os edificios sociais das asociacións Chan do Bosque-Amieirolongo, San Pedro de Cela, Cultural de Guizán, Ledicia de Mos, Herville Mos e Cultural Abrente.

Outras axudas

Por outra banda, acordou resolver favorablemente distintas subvencións por importe total de 100.157 euros para 15 agrupacións culturais de Vigo e a súa comarca correspondentes á execución de obras de mellora de infraestruturas.

En Castrelos, a institución provincial sufragou os gastos das obras de rehabilitación do local cultural da Asociación de Veciños do Monte da Mina. Acondicionou a fachada do local social da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Eliminou as barreiras arquitectónicas do local da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva San Xurxo, reformou o local social da Asociación de Persoas Xordas de Vigo e acometeu as melloras do centro cultural Emilio Crespo Cano.

Tamén levou a cabo as obras de pintado do interior do local social da Asociación de Veciños de Cabral e a rehabilitación do centro cultural da Asociación da Sociedade Cultural Xestas de Vigo. Reformou e adaptou a seguridade no complexo socio-parroquial da Casa do Santísimo Cristo da Vitoria, na súa segunda fase, ea cometeu as obras de mellora no local social e nos accesos ó mesmo da Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá.

En Redondela, pola súa parte, a Deputación acometeu as obras de iluminación no salón de actos do local social da Asociación Cultural Chan das Pipas de Saxamonde, rematou a segunda fase das obras no local social da Asociación Cultural e Deportiva Cidadelle, levou a cabo as obras de peche e adecentamento da parte exterior da terraza do centro cultural da Asociación Social Cultural e Recreativa de Cedeira e remodelou o local da Sociedade Labrego Cultural de Reboreda.

En Soutomaior, construíu as escaleiras de acceso á Casa do Pobo da Asociación de Veciños de San Benito de Romariz. En Salceda de Caselas, por último, financiou as obras de construción do centro cultural da Asociación de Veciños, na súa primeira fase.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 16 votos
¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com