Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

O prazo para presentarse ós 'Premios Entreculturas' da Deputación rematará en setembro

por Vm - 24/07/2008

Un ano máis, a Deputación de Pontevedra galardoará o 12 de outubro, día da Hispanidade, a dúas entidades, unha galega e outra do mundo hispánico, pola súa labor para a converxencia de culturas. Trátase do 'Premio Entreculturas 2008' que outorgará 12.000 euros de premio ós dous galardoados e co que a Deputación pretende subliñar o papel da provincia como ponte entre Portugal e Galicia, Galicia e España e España e o mundo hispánico.

O premio xurdiu coma unha iniciativa para dar unha nova dimensión á tradicional celebración do día da Hispanidade do mesmo xeito que mediante este galardón pretendese conmemorar o encontro entre culturas que supuxo a xesta de Cristóbal Colón, na que participou activamente a nosa provincia. Deste xeito, axeitando a tradicional celebración do 12 de outubro á nova realidade social de Pontevedra, Galicia e España como terra de acollida, de converxencia de culturas e de integración de emigrantes retornados.

A Deputación concederá dous premios, cada un de 6.000 euros. O primeiro, para reforzar lazos de irmandade entre os pobos, premiará a labor altruísta, significado ou relevante dunha persoa ou entidade do mundo hispánico e da emigración. O outro, que estará dotado con 6.000 euros tamén, premiará a unha persoa ou entidade de ámbito pontevedrés ou galego para fomentar a solidariedade, a integración, o intercambio, a profundización do mutuo coñecemento e o mutuo apoio entre os pobos.

Ata o vindeiro 20 de setembro poderanse presentar, mediante un escrito ó presidente, os candidatos ó premio que deberán acreditar os seus méritos mediante unha biografía ou traxectoria da persoa ou entidade e outros documentos que se consideren de interese. Unha vez remate este prazo, reunirase o xurado que estará formado polo presidente da Deputación, ou persoa na que delegue, o presidente da Comisión Informativa de Cultura, o presidente da Comisión Informativa de Servizos Sociais, o decano do Corpo Consular ou persoa en que delegue e tres persoas de recoñecido prestixio que nomeará a corporación provincial.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com