Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia
A finalidade é conseguir un municipio sostible

O Núcleo de Sostibilidade da Comarca de Pontevedra pon en marcha as mesas de participación cidadá

por Vm - 08/07/2008

O Núcleo de Sostibilidade da "Comarca de Pontevedra" formada polos concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa, é o resultado dun convenio de colaboración entre a Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II "Comarca de Pontevedra" e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Neste marco, estáse a promover a participación cidadá no proceso de elaboración da Axenda 21 Local a través da organización de catro mesas de traballo nas que estarán convocados os principais axentes representativos do municipio. Esta iniciativa forma parte dun proxecto, no que a Comarca de Pontevedra -ao igual que outros concellos galegos- denomínase "Núcleos de Sostibilidade".

Segundo un comunicado da organización, o obxectivo dos Núcleos de Sostibilidade é realizar unha serie de actividades para contribuír ao proceso de desenvolvemento sostible, é dicir, acadar un crecemento económico coa maior igualdade social posible, coidando e mellorando ao mesmo tempo o medio ambiente.

Para desenvolver a Axenda 21 é un labor prioritario a creación de canles de participación cidadá, para que todos os actores sociais participen no proceso da toma de decisións. O obxectivo das mesas será o intercambio de opinións sobre os principais problemas ambientais e socioeconómicos nos municipios, de tal forma que xurdan propostas de mellora, que se deberán priorizar dende os concellos.

Por este motivo A Comarca de Pontevedra porá en marcha as mesas de participación, ás que poderán asistir todos os cidadáns interesados.

Vanse celebrar 4 Mesas de participación no Casal de Ferreirós, no concello de Poio:

- Día 8 de xullo, Mesa Empresarial (Industria, Construcción, Turismo e Comercio) ás 19.30 horas.

- Día 9 de xullo, Mesa de Mar e Terra (Mar, Forestal, Comunidades de Montes, Agricultura e Gandería) ás 20.00 horas

- Día 10 de xullo, Mesa Municipal-Comarcal (técnicos municipais e representantes dos partidos políticos) ás 10.00 horas

- Día 10 de xullo, Mesa Poboacional (Educación e Asociacións), ás 19.00 horas

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 46 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com