|  | | | | | Teresa Pedrosa visitou onte os campamentos de verán da Lanzada. REMITIDA | | | |
Un total de 160 rapaces de diferentes puntos da provincia de Pontevedra inauguraron onte o primeiro turno de campamentos de verán da Lanzada, organizados pola Deputación. Estes nenos permanecerán sete días nestas instalacións tempo no que desenvolverán numerosas actividades lúdicas, deportivas, excursións etc.
Segundo un comunicado da institución provincial, a vicepresidenta, Teresa Pedrosa, e a responsable do Centro de Vacacións da Lanzada, estiveron onte na inauguración destes campamentos de verán que desenvolveranse en oito turnos cun máximo de 160 menores por cada período, de xeito que en total está previsto participen un total de 1.280 nenos.
Esta actividade realizaranse dende o 1 de xullo ata o 29 de agosto, ambos inclusive, incluíndo oito quendas cunha duración de sete días. Participarán nenos con idades comprendidas entre os oito e os trece anos.
A Deputación de Pontevedra vén organizando os campamentos da Lanzada dende hai aproximadamente vinte anos. Nun principio esta iniciativa estaba unicamente dirixida ós rapaces dos municipios do interior da provincia pero actualmente está aberta a todos os municipios da provincia, xa que ademais do coñecemento do mar ofértanse outras moitas actividades que son de interese para todos os nenos da provincia.
Segundo informou a responsable dos campamentos, Zoila Paz, "este ano foron 2.000 o número de solicitudes recibidas e cada ano van en aumento". Paz salientou que dende a Deputación "trátase de dar cabida a todos os nenos, neste momento hai unha lista de espera que se vai movendo, por exemplo cando algún neno non pode asistir, inmediatamente a súa praza cóbrese co seguinte neno anotado na lista". |