Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

A Deputación promoverá a inserción laboral de máis de 400 persoas a través do plan 'Aquelando 2'

por Vm - 25/06/2008
Dentro desta iniciativa, prevese a posta en marcha dun total de 21 cursos que se levarán a cabo en diferentes lugares da provincia de Pontevedra. REMITIDA.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou hoxe o proxecto ‘Aquelando 2’, desenvolvido polo servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios da institución provincial que promoverán a inserción laboral de 410 persoas ó longo de 4.110 horas de formación.

Este proxecto, subvencionado en 1.851.824 euros por Fondos Europeos, oriéntase ó financiamento de proxectos para a inserción laboral dos desempregados, a cohesión económica e o desenvolvemento dentro das entidades locais e fomentar o emprego no sector dos servizos de atención a persoas con necesidades especiais e entre os desempregados en risco de exclusión. O 20% restante do investimento deste proxecto, un total de 462.956 euros, o aportará a Deputación de Pontevedra.

Dentro desta iniciativa, prevese a posta en marcha dun total de 21 cursos que se levarán a cabo en diferentes lugares da provincia de Pontevedra a través dos cales se formarán 410 persoas tratando de conseguir a inserción laboral dun 60% das mesmas.

O programa 'Aquelando 2', que comezará a desenvolverse a partir do 1 de xullo e rematará o 31 de decembro de 2010 é a continuación do proxecto ‘Aquelando’ para a formación en servizos de atención a persoas a través da realización de cursos de axuda a domicilio, auxiliar de xeriatría, coidador de persoas dependentes, tarefas domésticas en centros sociosanitarios e fogares, mediador intercultural e obtención do carné de conducir, entre outros.

Compre recordar que a Deputación presentou proxectos en anteriores convocatorias do FSE que posibilitaron a posta en marcha de iniciativas como ‘Aquelando’ (centrado en facilitar a inserción socio-laboral de persoas e en reforzar os servizos de atención a persoas) e ‘Camiño cara unha integración laboral’ (que se desenvolveu en 12 municipios da provincia co obxectivo de crear traballo e facilitar o acceso das mulleres e de persoas de difícil inserción profesional ó mercado de traballo).


    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com