Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

A Deputación contrata a 24 persoas da provincia para construír mobiliario urbano

por Vm - 15/06/2008

A Deputación Provincial de Pontevedra contratará a 24 persoas para construír mobiliario urbano. Esta contratación laboral será baixo a modalidade de contrato para formación e realizarase con cargo ó Proxecto Mobilia un plan de dotación de mobiliario urbano ós municipios da provincia. O Boletín Oficial da Provincial da provincia publicou o pasado venres as bases xerais e específicas para a contratación dos 24 alumnos.

O taller de emprego porase en marcha nas instalacións do centro de formación Cidade +, do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, co obxectivo de formar e introducir no mundo laboral a persoas desempregadas en profesións que teñen unha crecente demanda.

Os elementos do mobiliario urbano serán fabricados por doce alumnos de soldadura metálica e outros doce alumnos de carpintería de madeira en cada unha das fases. Unha porcentaxe destas prazas será reservada para inmigrantes e emigrantes retornados, usuarios dos servizos de orientación laboral da institución provincial.

Os interesados en tomar parte deste proxecto disporán de 10 días naturais, contados a partir de sábado 14 de xuño. Estas solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com