Fundación Caixa Galicia
Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

A Deputación fará entrega de máis de 200 títulos a doce institutos de Louriña, Condado-Paradanta e Redondela

por Vm - 02/06/2008

A Deputación de Pontevedra fará entrega o vindeiro día 5 de xuño de 204 exemplares editados polo servizo de publicacións ós institutos Pino Manso e Ribeira do Louro (Porriño), Illa de San Simón, Chapela, Pedro Floriani e Mendiño (Redondela), Val do Tea e Pedra da auga (Ponteareas), Pazo da Mercé (As Neves) e os centros de Educación Secundaria de A Cañiza e Salvaterra do Miño.

Esta actuación, englobada dentro da campaña de dotación de fondos bibliográficos ós centros da provincia que desenvolve o organismo provincial, ten por obxecto manter unha relación periódica entre a Deputación e os institutos e achegar ós profesores e alumnos as publicacións editadas pola institución provincial.

Dentro dos títulos doados pola institución provincial, compre destacar 'Soutomaior en pinceladas', de Feliciano Trigo Díaz, 'Soutomaior 1700-1936. Aproximación á historia local', de Luis Obelleiro, 'Los caminos de la memoria', de Valentín G. Carrera, 'Castelao entre nós', de Lino Pazos, 'Mitos de fin de siglo', de varios autores, 'Darío Basso. Obra: 1986-1999', de varios autores, 'Fortalezas de la antigua provincia de Tuy', de Jaime Garrido, 'El tren en Galicia. Aproximación a la política del transporte ferroviario en Galicia', de José Antonio Díaz Fernández, ou 'Muíños nas terras de Redondela. Estudio etnolóxico dos muíños de auga', de Miguel Ángel Abraira.

Outros títulos desta quenda son 'A Cañiza', de varios autores, 'Álvaro Cunqueiro. 1911-1981', de varios autores, 'Valle-Inclán en el fin de siglo. Femeninas', de Xaquín Núñez Sabarís ou 'Peixes medievais', de Xosé María Vila Ribadomar.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 16 votos
¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com