Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

Máis de 1.300 rapaces participan no programa de prevención de conductas violentas e 866 menores no plan de animación en hospital

por Vm - 26/05/2008

A vicepresidenta da Deputación, Teresa Pedrosa, e o responsable de Cruz Vermella, Jorge Araújo, asinaron o venres dous convenios de colaboración a través dos cales a entidade provincial colaborará con 48.000 euros na posta en marcha dos programas de 'Animación e Respiro Hospitalario' e 'Sen Violencia Convivencia'. O programa de 'Respiro e de Animación Hospitalaria', que se desenvolve no hospital provincial de Pontevedra, ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento integral e as relacións persoais de nenos que padezan enfermidades de media ou longa duración, así como do seu entorno.

Así, a través dunha achega de 18.000 euros, o organismo provincial colabora con Cruz Vermella na posta en marcha de dúas accións principais. Dunha banda, ludotecas e aulas de xogo nas que se poderán desenvolver actividades de animación, de expresión, psicomotricidade, xogos, talleres, festas, lectura de contos, apoio escolar e visualización de películas, entre outras actividades. Doutra banda, o acompañamento en habitación con servizo de biblioteca, préstamo de xogos, xoguetes, apoio escolar e servizo de soporte e respiro dirixido ás familias.

No 2007 este programa desenvolveu 866 actividades didácticas (633 na sala da ludoteca e 233 en habitación) e prestou atención a 557 menores. No que vai de ano dende xaneiro ata abril de 2008) foron realizadas 261 actividades ( 185 na ludovermella e 76 en habitación) a través das cales foron atendidos 159 menores (72 nenas e 87 nenos).

Por outra banda, a Deputación destinará unha dotación económica de 30.000 euros para financiar o programa 'Sen Violencia-Convivencia', que ten por obxecto a prevención das condutas violentas nos centros escolares e é unha iniciativa que percorre os centros da provincia con todo tipo de actividades educativas para prever a violencia, o acoso escolar e situacións de discriminación. No 2007 participaron neste programa 1.342 rapaces de 27 centros educativos da provincia. Asemade, tomaron parte do mesmo a través de charlas, terapias e traballos 234 pais. Durante o pasado ano estructuráronse, ademais, seis grupos de convivencia nos centros IES A Cañiza; IES Sagrado Corazón de Pontevedra; IES Illa de Ons; IES A Sangriña; IES Antón Losada de A Estrada; e o CPR Monterrey de Vigo.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 16 votos
¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com