Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

A Fundación Juana de Vega colabora no I Simposio Iberoamericano e IV Xornadas de Horticultura Ornamental

por Vm - 06/05/2008
Os representantes das instituciones, esta mañana na Diputación.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinou esta mañá co vicepresidente da Fundación Juana de Vega, Vicente Arias, o convenio de colaboración que vinculará ás institucións na organización do I Simposio Iberoamericano e as IV Xornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental, que terán lugar entre os días 14 e 18 de outubro.  

Á presentación deste simposio acudiron, ademais dos asinantes Louzán e Arias, a vicepresidenta provincial, Teresa Pedrosa, o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade, e a presidenta do comité organizador do simposio, Carmen Salinero.

As xornadas, que terán por motivo central a innovación e o futuro no eido da xardinaría, constitúen o foro de ámbito nacional máis importante para a exposición e discusión dos traballos de investigación sobre os distintos aspectos da horticultura ornamental.

Coa inclusión de países americanos na realización do simposio, preténdese facilitar a transferencia e o intercambio de resultados das investigacións e traballos realizados polos técnicos en horticultura ornamental dos países de ambos lados do Atlántico, para un mellor aproveitamento dos recursos da flora ornamental.

A participación

O Congreso, que conta con acadar unha importante participación de ó redor de 100 persoas, entre elas 20 participacións estranxeiras, divídese en 12 seccións que intentan abarcar a totalidade dos temas, selección e mellora de plantas ornamentais, plantas autóctonas, o seu uso en xardinería, desenvolvemento de novos produtos, flor cortada, floricultura, viveirismo, planta en maceta, paisaxismo e revexetación, xardinaría, horticultura urbana, propagación e produción de planta, produción sostible e protección integrada, técnicas de cultivo, fertilización e rega, alteracións en plantas ornamentais, recoñecemento e diagnóstico de pragas e enfermidades e control de pragas e enfermidades. Este amplo abano de campos, permitirá a participación de distintos sectores no congreso: viveiristas, técnicos de xardíns de organismos públicos e privados, empresas privadas de material de xardinaría e investigadores, entre outros.

Características

O encontro será pioneiro, xa que é a primeira vez que se realiza un evento destas características a nivel de Horticultura Ornamental. O entorno do lugar de celebración, Galicia, constitúe un marco incomparable para a realización do congreso, posto que esta comunidade é un importante centro produtor de planta ornamental, como camelia, rododendro ou azalea, ademais de posuír algúns dos máis belos xardíns históricos de España con impresionantes exemplares de planta ornamental, moitos deles monumentais.

Xa nas anteriores xornadas o evento estaba dirixido a investigadores, estudantes e traballadores do sector da Península Ibérica e axudou a fomentar a cooperación entre España e Portugal. Sen embargo, con este evento quérense superar estas fronteiras e permitir o intercambio de información entre diversos países Iberoamericanos.

Presenza internacional

Para facer posible esta colaboración, convidáronse a dous investigadores de renome en horticultura ornamental de Sudamérica, Peter Seemann, profesor da Escola de Agronomía, Facultade de Ciencias Agrarias da Universidade Austral de Chile e Roberto Fernández do Instituto Nacional de Tecnoloxía Agropecuaria de Bos Aires. Presentarán traballos realizados e aportarán diversas comunicacións de importantes investigadores do campo da Horticultura Ornamental en Sudamérica. Esta visita ademais, servirá para difundir a horticultura ornamental galega en América, e posiblemente abrirá as portas para unha futura cooperación en esta materia entre ámbolos dous continentes.

Pola parte portuguesa están convidados Domingos Almeida, da Universidade de Porto, e Dalila Espirito Santo, do Instituto Superior de Agronomía de Lisboa. Entre os científicos españois relatores convídase a Pedro Cermeño, profesor do Instituto de Investigación e Formación agraria e pesqueira de Alcalá del Río en Sevilla, Jesús Izco Sevillano, Catedrático de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela e o Pedro Mansilla, xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 96 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com