Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

A Deputación estuda ampliar a oferta do proxecto ‘Os títeres na escola’

por Vm - 01/05/2008

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán, reuniuse esta semana con representantes da Asociación Titerescola que, por décimo noveno ano consecutivo, dirixíanse á institución provincial para presentarlle un avance do proxecto da campaña ‘Os títeres na escola 2008’, que pretende acoller a todas as compañías profesionais de títeres que teñen acreditado o seu enderezo fiscal na provincia de Pontevedra. Durán analizou a posibilidade de ampliar a oferta do proxecto para o vindeiro ano 2009, debido ó éxito desta importante iniciativa. 


Dentro destes criterios de profesionalidade, considérase non só os de orde puramente fiscal senón tamén a traxectoria das compañías. Desde hai xa bastantes anos as empresas de teatro títeres da provincia teñen acreditado un alto nivel de calidade artística, recoñecido tanto a nivel autonómico como estatal. Agrupacións de renome como Artello, Viravolta, Títeres & Gualtrapas, Spaghetti, Tanxarina ou Miro Magariños, entre outros. 


Tras dezaoito edicións ininterrompidas, a Campaña ‘Os títeres na escola’ tense convertido nun referente, non só a nivel galego, senón de toda a Península para o mundo do ensino na súa relación co teatro de títeres. Así o acreditan ás innumerables consultas e peticións recibidas por parte dos departamentos de Educación ou Cultura de concellos interesados en participar na campaña, mesmo dispostos a se desprazaren cos rapaces a outros concellos para poder asistir ás funcións. 


A organización da campaña, como en edicións anteriores, correrá a cargo dunha comisión organizadora, formada pola directiva da Asociación Titerescola, en colaboración cos responsables dos respectivos concellos e das compañías. As datas, locais e horarios fíxanse de común acordo entre as partes citadas, con arranxo ós devanditos criterios. 

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 80 votos
¿Considera que las fiestas de verano se adaptan a los gustos de los vigueses?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com