|
A Deputación de Pontevedra colaborará con Cruz Vermella no desenvolvemento do programa de ‘Respiro e de Animación Hospitalaria’ que terá como obxectivo favorecer o desenvolvemento integral e as relacións persoais de nenos que padezan enfermidades de media ou longa duración, así como do seu entorno.
A través dunha achega de 18.000 euros, o organismo provincial pretende colaborar con Cruz Vermella na posta en marcha de dúas accións principais. Dunha banda, ludotecas e aulas de xogo nas que se poderán desenvolver actividades de animación, de expresión, psicomotricidade, xogos, talleres, festas, lectura de contos, apoio escolar e visualización de películas, entre outras actividades. Doutra banda, o acompañamento en habitación con servizo de biblioteca, préstamo de xogos, xoguetes, apoio escolar e servizo de soporte e respiro dirixido ás familias.
Durante o pasado ano, contouse co apoio dun equipo específico de 56 voluntarios formados para o devandito programa que desenvolveu as distintas modalidades de intervención, cun total de 557 usuarios durante os meses de Enero a Diciembre, ambos inclusive.
Os destinatarios deste proxecto serán nenos, nenas e mozos de entre cero e dezaoito anos que padezan enfermidades de media e longa duración hospitalizados ou en situación de convalecencia domiciliaria.
|