Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

Máis de 100 persoas de Vigo e Tui participan maña na primeira ruta do programa ‘Coñece a túa provincia’

por Vm - 28/04/2008

Un total de 113 persoas das asociacións Amas de Casa de Vigo e Tui participarán mañá na primeira ruta do programa ‘Coñece a túa provincia’. Na súa primeira visita, en torno ás 10.30 horas, ambas asociacións terán a oportunidade de coñecer o Pazo Provincial. En total, nesta primeira convocatoria do programa, participarán 5.000 persoas procedentes de 131 asociacións. 

Seguidamente, a Asociación de Amas de Casa de Vigo visitarán ó Museo, ó Pazo de Lourizán e ó castelo de Soutomaior. Pola súa banda, a Asociación de Amas de Casa de Tui visitarán o Museo, o Pazo de Gandarón e o Centro de Vacacións da Lanzada. 

Este programa ten por obxecto achegar a Deputación e a provincia á cidadanía, fomentar a convivencia e o asociacionismo entre os distintos colectivos e contribuír ó enriquecemento cultural a través da posta en marcha de visitas guiadas ós centros integrantes do patrimonio da Deputación (Museo, Pazo Provincial, castelo de soutomaior, Pazo de Lourizán, Mouriscade, á Finca do Areeiro, o Palacete das Mendoza, o Pazo Gandarón e o centro de vacacións de A Lanzada, entre outros.  

O custe de cada viaxe ascende a 25 euros por persoa dos cales 15 son achegados pola Deputación e 10 polos destinatarios. Este prezo inclúe o transporte das persoas en autobús dende os diferentes puntos de saída; dúas guías informativas durante todo o percorrido; a comida (cun menú que inclúe dous pratos, postre, bebidas e café) e o correspondente seguro de viaxe. As visitas son de ida e volta o mesmo día. 

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 32 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com