Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

Os Premios Carmen Ferro promovidos pola Deputación premiarán con 18.000 euros os proxectos de inserción social e laboral

por Vm - 29/04/2008

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou as bases reguladoras do Premio Carmen Ferro para o presente 2008, creado para conmemorar a celebración do Día Internacional da Muller, así como para recuperar o nome e a historia de aquelas mulleres pontevedresas que merecen ser recordadas e recoñecidas por todos. 

Poderán participar neste premio as asociacións sen fins de lucro enmarcadas no ámbito dos servizos sociais especializados cunha antigüidade mínima de dous anos que traballen en proxectos de inserción con persoas que presenten discapacidades física, psíquica ou sensorial. 

Os premios estarán dotados con 18.000 euros que serán distribuídos en tres premios nas seguintes modalidades: dous premios para proxectos de inserción laboral (primeiro premio de 7.500 euros e segundo premio, 6.000 euros) e un premio para proxectos de inserción social normalizada (4.500 euros). 

Os proxectos deberán ser presentados no Rexistro Xeral da Deputación e o prazo para a presentación dos mesmos será de dous meses a partir do día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. 

O xurado estará composto polo presidente da Deputación ou a persoa en quen delegue, por un representante de cada un dos grupos políticos que forman parte da corporación provincial e un técnico especialista en temas de integración de persoas con discapacidade. 

A entrega de premios farase coincidir co Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra o día 3 de decembro. 
 

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 32 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com