Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

Un total de 156 rapaces de Vigo, Vilagarcía, Nigrán, Cangas e Catoira viaxarán a Madrid a través do Programa ‘O meu primeiro voo’

por Vm - 17/04/2008

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou onte o cuarto grupo de 156 rapaces de terceiro e cuarto da ESO que viaxarán a Madrid a través do Programa ‘O Meu Primeiro Voo’ promovido polo ente provincial. No que vai de ano xa viaxaron á capital a través desta iniciativa máis de 1.500 nenos. 

Dos 156 nenos que viaxarán a Madrid neste cuarto grupo 27 alumnos son do CPI O Progreso de Catoira, 14 do IES Rodeira de Cangas, 34 do Concello de Nigrán, 15 do Valentín Paz Andrade de Vigo, 16 do Sánchez Cantón de Pontevedra, e 50 do IES de Carril de Vilagarcía de Arousa. 

Os escolares que participan nese programa teñen a oportinunidade de pasar un día de convivencia na capital de España co obxecto de coñecer os lugares máis emblemáticos da cidade. Os grupos saen dende o aeroporto de Peinador, en voo con destino a Madrid, onde lles espera un autocar e unha guía que os acompaña por todo o percorrido. Visitan o Museo do Prado, o zoolóxico etc. 

A entidade provincial asume por cada beneficiario unha achega de 30 euros e os concellos 20 euros por praza. Pola súa banda, usuarios achegarán 60 euros se o seu concello está adherido e 80 euros se non participa na iniciativa a administración local. 

A Deputación destinará a esta iniciativa un orzamento de 100.000 euros o presente 2008. En total poderán participar 3.333 alumnos de 3º e 4º da ESO dos centros públicos e concertados da provincia. 

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 96 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com