|
|
Intermón Oxfam pide a colaboración da Deputación na celebración da XIV festa da solidariedade |
|
|
| por Vm - 15/04/2008 | | |  | | | | | O vicepresidente, José Juan Durán, recibiu onte a representantes da entidade Intermón Oxfam que solicitaron a colaboración da Deputación na celebración da décimo cuarta festa da solidariedade que se celebrará a finais do presente mes de abril en Vigo. | | | |
O vicepresidente, José Juan Durán, recibiu onte a representantes da entidade Intermón Oxfam que solicitaron a colaboración da Deputación na celebración da décimo cuarta festa da solidariedade que se celebrará a finais do presente mes de abril en Vigo. Trátase dunha festa que, baixo o título ‘Un día para la esperanza’, pretende amosar a solidariedade da cidadanía cos pobos empobrecidos. Así, este acto terá como obxectivo favorecer a toma de contacto coa ralidade dos países empobrecidos, proporcionar información sobre as accións de Intermón Oxfam e promover a participación do público nas mesmas.
Por outra banda, os representantes da ONG solicitaron a colaboración da Deputación para poder instalar un stand na feira do libro de Vigo. Neste senso, José Juan Durán, confirmou que o organismo provincial prestará o seu apoio a esta iniciativa, tal e como ten feito en anos anteriores.
Intermón Oxfam é unha das ONG máis arraigadas no noso país con máis de 50 anos de experiencia. Esta entidade actúa en países de África, América e Asia cooperando en 492 programas de desenvolvemento e 72 de humanitaria. Do mesmo xeito fomenta o comercio xusto, apoiando a 104 grupos de productores e promove campañas de sensibilización social.
|
|
|
|
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 81 votos ¿Considera que las fiestas de verano se adaptan a los gustos de los vigueses?
|
|
|
|
|