|
O Plan Agrupado de Formación Continua organizará entre maio e setembro de este ano 57 cursos formativos dirixidos ó persoal da Deputación, dos concellos adheridos ó plan, 57 dos 62 que conforman a provincia, e tamén dos traballadores do ORAL.
Na comarca de Pontevedra celebraranse 7 cursos para todo o persoal e 12 para os traballadores da institución provincial, no Salnés celebraranse 6 cursos de formación, no norte da provincia, é dicir, nas comarcas de Deza e Tabeirós, impartiranse 3 cursos e no sur da provincia (Condado, Paradanta, Louriña, Baixo Miño e Val Miñor) celebraranse outros 5 cursos. Ademais, o Plan Agrupado contempla 15 cursos online, 3 semipresenciais e 12 accións formativas ademais dos 4 cursos da AGASP e do INAP.
Os participantes nos cursos serán seleccionados en base a criterios como que exista unha relación entre o contido do curso e as funcións exercidas polos solicitantes, a proximidade xeográfica do lugar no que se imparte, a antigüidade, ter realizado nos últimos anos un menor número de cursos relacionados co contido temático do que se solicita e posuír o menor número de cursos realizados na Deputación, Escolas, Institutos ou Administración Pública. A cada un dos alumnos do curso que participen con regularidade nel recibirán un certificado de asistencia. |