Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

A Deputación presenta ó Ministerio de Administracións Públicas os proxectos de EIEL e seguridade de datos

por Vm - 31/03/2008

A Deputación de Pontevedra presentou hoxe ó Ministerio de Administracións Públicas os proxectos de modernización administrativa local de xestión de datos de Infraestruturas e Equipamentos das Entidades Locais, por un importe de 300.000 euros, e de seguridade de datos, por valor de 1.350.000 euros.  

O proxecto Securdata de Seguridade de datos –que incluirá na súa primeira fase ós concellos de Arbo, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Crecente, A Estrada, Gondomar, O Grove, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Oia, Ponte Caldelas, Ponteareas, Ribadumia, O Rosal, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vilagarcía de Arousa, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa– ten por obxectivo acadar o aumento da seguranza da información que manexan diariamente os concellos da provincia, establecendo medidas organizativas e técnicas que garantan a autenticidade, confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e conservación da información nas aplicacións que estas utilizan para o exercicio das súas potestades. 

O custe estimado do proxecto ascende á cantidade de 1.350.000 euros. O orzamento da primeira fase, que se realizará durante o ano 2008, elévase ata os 607.500 euros, dos que a Deputación solicita ó Ministerio de Administracións Públicas unha axuda do 50%, isto é, de 303.750 euros. 

EIEL

Por outra banda, a Deputación de Pontevedra presentou tamén ó MAP o proxecto gisEIEL de recompilación e actualización dos datos de Infraestruturas e Equipamentos das Entidades Locais. Con el preténdese impulsar o uso das Tecnoloxías da Información Xeográfica como paradigma de sostenibilidade e transparencia, fomentando o uso dos datos xeográficos. 

O importe total e de 300.000 euros, dos que a Deputación solicitará unha subvención de 150.000 euros. O prazo total de execución será de 18 meses e se realizará en seis fases que son análise e consultoría, desenvolvementos informáticos, instalación e posta en marcha da aplicación, tratamento e carga de datos, formación e soporte. 

Así, o proxecto de recollida de datos compleméntase coa implantación dun Sistema de Información Xeográfica Open Source que xestione internamente os datos e a divulgación dos mesmos a través dun XeoPortal cumprindo os estándares internacionais para permitir a interoperabilidade dos datos. 

O Xeoportal da EIEL será a parte máis visible do proxecto, sendo o medio a través do cal os técnicos dos municipios e os cidadáns poderán acceder ós datos recollidos na EIEL a través de internet. Por ese motivo, esta aplicación debe ser unha ferramenta moi sinxela de utilizar na que se simplifiquen as funcionalidades de consulta, sen perder as súas vantaxes tanto no tratamento coma na visualización dos datos. 

Entre os servizos propostos pola EIEL se inclúen o ‘Servidor de Mapas’, que proporciona mapas interactivos en forma de imaxes, de modo que desde os equipos clientes se poidan enviar ó servidor as peticións que devolven a información sobre as súas diversas características e os contidos concretos que pode amosar.  

Tamén hai o ‘Servidor de Entidades’, similar ó anterior, que serve entidades vectoriais directamente desde as propias bases de datos que as conteñen, permitindo recuperar y utilizar datos xeoespaciais desde múltiples clientes o servidores web, evitando así a necesidade de duplicación dos mesmos e a posibilidade de que existan distintas versións, con diferentes grados de actualización, dun mesmo conxunto de datos. Será deseñado seguindo a especificación WFS (Web Feature Service) do OGC. 

O ‘Servizo de Catálogo de Metadatos’ almacena información sobre os datos xeográficos servidos por un determinado nodo IDE. Permitirá a busca de datos xeoreferenciados en base á súa localización xeográfica, características e propiedades. 

Por último, o ‘Servizo de Nomenclátor’ almacena información sobre os topónimos das entidades e fenómenos servidos por un determinado nodo IDE. O almacenamento permite a busca de datos xeoreferenciados en base ó topónimo ó que están asociados, ou ben á busca dos lugares ubicados nunha determinada localización xeográfica (coordenadas, área ou división administrativa). 
 

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 32 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com