Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Exterior > Provincia

O ORAL adxudícalle a Caixanova 9 millóns de euros para a concesión de anticipos ós concellos adheridos

por Vm - 31/03/2008

O consello reitor do Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra aprobou unha operación de tesourería de nove millóns de euros que serán destinados á concesión de anticipos de recadación ós 52 concellos adheridos ó ORAL. Esta operación foille adxudicada a Caixanova, por constituír a mellor oferta das presentadas.  

O ORAL anticípalles mensualmente un total de 3,5 millóns de euros ós concellos, sendo o propio organismo o encargado de asumir os intereses. A contía dos mencionados anticipos calcúlase por doceavas partes tomando como base o importe recadado o exercicio anterior en concepto de tributos. É dicir, o ORAL divide o recadado en doce partes e, mentres non realiza a liquidación, adiántalles ós concellos estes cartos. Posteriormente, o organismo desconta o concedido da recadación e entrégaselles ós concellos a contía restante. 

Dos 52 concellos adheridos ó ORAL, 51 teñen delegadas as súas competencias de Xestión Tributaria e 37 de Xestión Catastral. Ademais, con respecto ós adiantos económicos mensuais que o ORAL lles ingresa a estes concellos compre destacar que durante o 2007 o organismo autónomo concedeu anticipos por importe de 21.043.460 euros do Imposto de Bens Inmobles (IBI), 6.528.785 euros do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), e, finalmente, 3.560.170 polo Imposto de Actividades Económicas (IAE). 

No ano 2007 a recadación do IBI dos concellos supuxo 27,4 millóns de euros e a porcentaxe de cobro ascendeu ó 87%, a do IAE supuxo 4,3 millóns e a porcentaxe de recadación foi do 89,06%, en taxas, prezos públicos e o servizo municipal de augas percibíronse 7,5 millóns de euros, e o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica recadou 11,1 millóns de euros, sendo do 77,86 por cento a porcentaxe recadada respecto ó que se puxo a cobro. Así, a recaudación voluntaria por estes catro conceptos (IAE, IBI, IVTM e taxas) no exercicio 2007 elévase a máis de 49,5 millóns de euros. 

Adquirida a oficina de Caldas 

Por outra banda, o Organismo Autónomo de Xestión de Recursos Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra adxudicoulle á empresa DOSEMÁS S.L. a compra dun local de 131 metros cadrados útiles situado na rúa José Salgado nº 19 baixo, que acollerá a oficina periférica do organismo no municipio de Caldas actualmente, situada no edificio do concello.  

Segundo informaron representantes do ORAL, a oficina abrirá neste novo local nun período máximo de dous meses, tempo necesario tanto para  dotar a oficina de mobiliario, como para realizar o traslado. 

O ORAL dispón na actualidade dunha oficina central en Pontevedra con 2.200 metros útiles e con delegacións propiedade da Deputación nos municipios de Tui, A Estrada, Vilagarcía e Lalín. Ademais dispón de sedes periféricas arrendadas nos municipios de Sanxenxo, Porriño, Ponteareas e no lugar de A Ramallosa (entre os municipios de Nigrán, Baiona e Gondomar). Do mesmo xeito, dispón de sedes dentro dos concellos de Cangas, Cambados e nun local de A Cañiza cedido polo concello.  

O organismo autónomo provincial de xestión de recursos locais (ORAL) é un ente autónomo de carácter administrativo, cun departamento de informática que se encarga das labores e medidas de modernización do goberno local. A nivel funcional, o ORAL ten a finalidade de levar a cabo a xestión e recadación dos recursos dos entes locais e outros organismos que o soliciten, así como a xestión de actividades catastrais.

Situado na cidade de Pontevedra, a estrutura organizativa do organismo componse dos servizos centrais e dos servizos periféricos, que comprenden as diferentes oficinas situadas en aqueles municipios que resulte conveniente para unha mellor prestación do servizo. 
 

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 96 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com