|  | | | | | Louzán comprométese a responder aos cidadáns nun prazo máximo de dez días. | | | |
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou esta mañá o novo servizo ‘O Presidente respóstache’, co que o organismo provincial “se compromete a atender”, a través do equipo liderado polo seu máximo representante, a todas as peticións, dúbidas ou inquietudes dos cidadáns da provincia nun prazo máximo de dez días.
Este novo servizo pretende profundar en catro cuestións fundamentais. A transparencia, a proximidade ós cidadáns, a universalización do control da Administración e o compromiso público do presidente a responder ás cuestións sobre a Deputación que os interesados lle formulen a través da páxina http://depontevedra.es/o.presidente.respostache .
Louzán salientou na súa comparecencia que “a nosa vontade é a de estar sempre preto da xente, e con esta iniciativa damos, en parte, resposta a esas demandas que se nos formulan”.
Gran acollida
Durante o ano pasado, as doce páxinas web da Deputación de Pontevedra rexistraron un total de 1.602.793 visitas, o que supón unha media diaria de 4.391 visitas. Destas páxinas, as máis consultadas foron a Principal, a do Boletín Oficial da Provincia e a do Patronato de Turismo Rías Baixas, con cifras anuais que rebasan o millón de visitantes. Especialmente salientables resultan as cifras da páxina do Proxecto Cidade Máis, de inserción laboral de emigrantes, que foi a cuarta páxina máis visitada polos usuarios.
|