|
A Deputación de Pontevedra aprobou este mércores a concesión dunha nova remesa de furgonetas Citröen para entidades sociais, culturais e deportivas da provincia sen ánimo de lucro. Este programa, no que colaboran tamén a factoría PSA Peugeot Citröen e Caixanova, supón un custe global para o organismo provincial de 1,5 millóns de euros.
A institución provincial xa leva entregados 80 vehículos e, nesta ocasión, as entidades beneficiarias dunha furgoneta Jumpy HDI, 120 Combi, de nove prazas, con aire acondicionado, son Club deportivo de xordos de Poio; Asociación Avelaíña, de axuda a persoas con problemas de saúde mental, de A Guarda; Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra; Club Piragüismo Verducido-Pontillón, de Pontevedra; Club de Remo Chapela e Club Keltoi, de Vila de Cruces.
|