13/05/2008 A Deputación difunde a Cultura Galega con varios actos culturais ó longo da Semana das Letras O vicepresidente provincial, José Juan Durán, presentou onte as actividades conmemorativas que a Deputación de Pontevedra desenvolverá ó longo desta semana co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.
11/05/2008 A Deputación divulga o fallo dos Concursos Escolares convocados polo Museo de Pontevedra A Deputación anunciou o fallo emitido polo xurado cualificador dos traballos presentados ós Concursos Escolares convocados polo Museo de Pontevedra.
09/05/2008 Máis de cen persoas de Arbo, Meis e Pontevedra participan no programa 'Coñece a túa provincia' A vicepresidenta da Deputación, Teresa Pedrosa, recibiu onte no Pazo da Deputación a un total de 110 integrantes das asociacións San Xosé Obrero, 'Armenteira', de Meis, Centro Diurno Prejubilados e Jubilados Marchosos de Pontevedra e Jubilados e Pensionistas de Arbo que participaron hoxe na sexta xornada das rutas do programa 'Coñece a túa provincia' que promove a Deputación de Pontevedra. Na súa primeira visita, en torno ás 10.30 horas, as asociacións tiveron a oportunidade de coñecer o Pazo Provincial. Seguidamente, visitaron ó padroado de Turismo, ó Museo, ó Pazo de Lourizán, e ó Castelo de Soutomaior.
06/05/2008 La Diputación está dispuesta a acometer en solitario la implantación de Wimax rural en la provincia de Pontevedra El presidente de la Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán, manifestó esta mañana está "dispuesto" a acometer en solitario la implantación en el rural de acceso a Internet mediante el sistema inalámbrico Wimax-Wifi, un proyecto que tiene un presupuesto de 8,7 millones de euros y que según explicó Louzán de esta cifra, 6 millones serían aportados por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder), 1,7 por la Diputación y 0,87 por los concellos.
06/05/2008 A Fundación Juana de Vega colabora no I Simposio Iberoamericano e IV Xornadas de Horticultura Ornamental O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinou esta mañá co vicepresidente da Fundación Juana de Vega, Vicente Arias, o convenio de colaboración que vinculará ás institucións na organización do I Simposio Iberoamericano e as IV Xornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental, que terán lugar entre os días 14 e 18 de outubro.