Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Vivienda

A Deputación destina 150.000 euros ó arranxo de 47 vivendas

por Vm - 21/06/2008

A Deputación de Pontevedra ven de resolver favorablemente a concesión de axudas por importe de 148.312 euros destinadas á reforma e rehabilitación de 47 vivendas de familias con dificultades socioeconómicas. Destas 47 vivendas, 2 son de Agolada, 1 de Bueu, 2 de Campo Lameiro, 1 de Cotobade, 3 de Covelo, 4 de Crecente, 2 de Cuntis, 2 de Forcarei, 3 de A Lama, 5 de Meis, 2 de Meaño, 2 de Mos, 3 de Pontecaldelas, 1 de Porriño, 1 de Ribadumia, 3 de O Rosal, 1 de Salceda, 1 de Silleda, 1 de Tui e 1 de Valga. Dos concellos de máis de 20.000 habitantes, 2 son de Redondela e 2 de Vigo.

Son beneficiarios destas axudas familias empadroadas en calquera municipio da provincia que cumpran unha serie de requisitos especificados nas bases das axudas. Son valorados, entre outros, aspectos como que a casa para a que se pide axuda sexa primeira vivenda e propiedade do solicitante, do seu cónxuxe ou dos pais destes; que non reúna condicións de habitabilidade; que sexa precisa unha adaptación da vivenda para uso de persoas dependentes con eliminación de barreiras; ou, finalmente, que os seus ingresos se axusten nun baremo establecido. Neste baremo téñense en conta aspectos como o número de membros da unidade familiar; ingresos; características da vivenda e problemática socioeconómica da familia.

A Deputación destinou, no período 2004-2008, un orzamento de 1.240.000 euros á rehabilitación de vivendas de familias da provincia con dificultades socioeconómicas. Concretamente, na pasada lexislatura (período 2004-2007) o orzamento investido chegou ós 950.000 euros e a partida que a Deputación consignou para o presente ano 2008 ascende a 290.000 euros.

Esta liña de colaboración posibilitou, nos últimos catro anos, a rehabilitación das vivendas de 405 familias da provincia. As actuacións realizadas consistiron en 113 reformas interiores; 90 arranxos ou construción de baños; 117 arranxos de cubertas e tellados; 7 dotacións de equipamento básico; 10 obras para a eliminación de barreiras; 37 conexións de augas ou fosa séptica; 16 arranxos de cociñas; 24 colocación de fiestras e portas; 16 reformas exteriores; e 33 instalacións eléctricas.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 121 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com