Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Vivienda

Xuventude colaborará na difusión da Hipoteca Xove da Caja de Ahorros del Mediterráneo

por Vm - 04/03/2008
Iolanda Veloso e David Martíns, esta mañá.
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, asinou onte un convenio de colaboración co director de zona para Galicia e Asturias da Caja de Ahorros del Mediterráneo (CAM), David Martíns. A finalidade deste acordo é fomentar a difusión da Hipoteca Xoven desta entidade. A hipoteca está dirixida ás persoas de entre 18 e 35 anos que queren mercar a súa primeira vivenda cunhas condicións pensadas específicamente para elas.
"Dende a Concellería temos claro que facilitar o acceso á vivenda é fundamental para a mocidade, sobre todo o acceso á primeira vivenda", salientou a concelleira de Xuventude, quen explicou que a hipoteca presenta unhas condicións vantaxosas para a xente nova, como a posibilidade de asinar a financiación ata un máximo de 50 anos, así como acadar a financiación ata o cen por cen do valor da taxación e contar coa exención das cancelacións parciais ou totais da hipoteca.

Iolanda Veloso calificou de "interesante" a proposta realizada pola CAM, "centrada nun produto dirixido á xente nova", polo que, tras analizala, dende a concellería se decidiu formalizar o convenio co cometido de achegar a información "dunha maneira clara" ás mozas e aos mozos. Pola súa banda, o responble da CAM en Galicia agradeceu o apoio prestado pola Concellería de Xuventude do Concello de Vigo e sinalou que dos 18 aos 35 anos está formado por un segmento de poboación que preocupa á caixa, polo que "debemos facer un esforzo neste sentido".
    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 123 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com