|
A interese da prensa británica nas Rías Baixas saltou á luz pública trala reportaxe de Gavin McOwan en 'The Guardian', na que cualificaba á Praia de Rodas das Illas Cíes coma a máis bonita do mundo. Pero a interese da prensa británica non quedou en Rodas e este ano temos visto como cabeceiras do Reino Unido poñían a súa atención na provincia de Pontevedra.
Agora é a National Geographic quen pousa o seu obxectivo nas Rías Baixas e, así, esta semana un periodista irlandés púxose en contacto co persoal de Turismo Rías Baixas para solicitar información sobre as Illas Cíes para publicar na sección 'Traveller' da prestixiosa revista National Geographic. A interese espertada en Patrick Lynch levouno a que nos próximos días se traslade ata as Rías Baixas para poder ver in situ este recuncho de España que cada vez interesa máis ós británicos.
En decembro de 2007 a revista británica 'Spain' incluía unha reportaxe de cinco páxinas sobre a cidade de Pontevedra baixo o título 'Perfect Pontevedra. Discover real Spain in Galicia’s time-forgotten treasure'. A mesma revista 'Spain' publicou no número de febreiro de 2008 unha ampla reportaxe sobre as Illas Cíes titulado ¡Where the wilds things are'. 'The Guardian' volveu no mes de xullo de 2008 a destacar ás Rías Baixas. Esta vez foi a Romaría de Santa Marta de Ribarteme a protagonista dun ranking de 'festas curiosas do mundo' no que ocupou a segunda posición.
|