Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Turismo

Xornalistas e escritores de turismo galegos debaten en Mondariz Balneario sobre a deontoloxía profesional

por Vm - 30/05/2008

Máis de corenta escritores e xornalistas vencellados co turismo e pertencentes á Agaxet reúnense esta fin de semana no Balneario de Mondariz para celebrar a Asemblea Xeral 2008, na que se dará entrada a novos membros. Abrirá a xornada sabatina o presidente da entidade, Guillermo Campos, que dará a benvida ao presidente da Federación Española de Escritores y Periodistas de Turismo (Fepet), Mariano Palacín.

No transcurso da reunión, ademais da presentación dos novos membros a cargo da Comisión de Admisións, procederase á lectura da memoria de actividades por parte da secretaria xeral, Carmen Parada, e á presentación de proxectos e directrices para o futuro a cargo do presidente, Guillermo Campos. Os últimos puntos da orde do día serán a elección da Xunta Directiva e Rogos e Preguntas.

A Asemblea dará paso, en torno ás 13.00 horas, ao I Simposio sobre Deontoloxía Profesional que inaugurarán o presidente de Agaxet e un representante do Concello de Mondariz. Posteriormente, celebrarase a conferencia 'As trabas á información: empresas, gabinetes e subcontratas' a cargo de Alfonso Basterra, director do programa El Mundo en tus manos, da Cadena COPE.

O domingo celebrarase a conferencia 'A comunicación a través das novas tecnoloxías', a cargo de Manuel Gago, profesor de Ciberxornalismo na Facultade de CC. da Comunicación da USC. A sesión de clausura correrá a cargo de Mariano Palacín que disertará sobre o caso concreto da Fepet. Trala elaboración das conclusións do simposio, celebrarase o xantar de clausura, coa presenza do director xeral de Turismo, Rubén Lois.

O programa completarase cunha saída lúdico-profesional pola comarca vitícola de O Condado (D.O. Rías Baixas), con visita á adega Coto Redondo, cata comentada e maridaxe gastronómica.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 128 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com