Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Turismo

A prestixiosa publicación 'The Garden Lover's Guide' destaca os 'Gloriosos' xardíns do Castelo de Soutomaior e o 'Enorme' parque de Lourizán

por Vm - 17/05/2008
Castelo de Soutomaior. DAVID BUGALLO

A prestixiosa publicación británica 'The Garden Lover’s Guide', promovida pola Royal Horticultural Society de Londres, destaca na súa edición monográfica sobre España os xardíns de dous centros dependentes da Deputación de Pontevedra, o Castelo de Soutomaior e a Finca de Lourizán.

En canto ó Castelo de Soutomaior, a revista descríbeo do seguinte xeito: "asentado nun risco, este castelo con ponte levadiza, emprázase nunha extensión de 25 hectáreas de zoa verde, cunha gloriosa colección de magnolias, palmeiras e árbores cítricas".

Da Finca de Lourizán, pola súa banda, a 'The Garden Lover’s Guide' di: "Esta grande mansión, franqueada por altísimos cedros, é posuidora dunha enorme variedade de plantas, fontes exóticas, un invernadoiro e un celeiro de cultivo".

A guía tamén cita ó Pazo de Rubiáns, "ben proporcionado xardín de fontes, estanques e paseos de camelia, perfecto complemento da preciosa vila", os xardíns de Quiñones de León en Vigo, "elegante pazo, cun xardín do século XIX de tres niveles e un colorido rosal que conduce a un labirinto de setos podados e logo a un xardín inglés con estanque de patos". O Pazo de Oca, en A Estrada, tamén colleita loubanzas por parte dos ingleses, que a definen como "marabillosa mansión de campo, con torre acastelada, posúe un dos máis románticos xardíns de Galicia".

Dos xardíns galegos en xeral, a publicación subliña que "a paisaxe verde resplandecente de Galicia é un paraíso para calquera amante dos xardíns xa que moitos dos mellores se atopan nas únicas mansións de campo e pazos da rexión", das que explica que "unha vez empregadas como fortalezas, convertéronse gradualmente en grandes casas con espectaculares vistas".

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 129 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com