|  | | | | | O presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinou hoxe un convenio de colaboración coa presidenta da Asociación Española Contra o Cancro, MarÃa José Crespo Amigo. | | | |
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinou hoxe un convenio de colaboración coa presidenta da Asociación Española Contra o Cancro, María José Crespo Amigo, a través do cal o organismo provincial financiará con 24.000 euros o mantemento da Unidade Móbil de Coidados Paliativos para a atención de enfermos terminais de cancro en toda a provincia. No 2007 este servizo prestou atención a 132 pacientes, percorreu 29.438 quilómetros e realizou 1.161 visitas a domicilio.
Esta unidade ten como función intervir na grave situación que presentan os enfermos oncolóxicos en fase terminal para os que resulta imposible ou inconveniente o seu internamento en hospitais. Está dotada dun médico, dun enfermeiro, psicólogos, dun traballador social e voluntarios.
Segundo os datos aportados por María José Crespo, no ano 2007 a unidade atendeu a 132 pacientes, dos cales 62 foron homes (o 56,30%) e 52 mulleres (o 43,70%) cunha idade media de 69,57 anos.
Con respecto á enfermidade, as doenzas máis frecuentes son as de pulmón con 29 casos atendidos; de dixestivo con 25 casos; cáncer de páncreas e fígado que padeceron 15 pacientes; xenital con 11 doentes; urinario con 9 pacientes; cancro de mama que padeceron 7 persoas e, entre outras doenzas, cancro de pel que padeceron 5 enfermos. Non obstante María José Crespo puntualizou que “o cancro de mama é a enfermidade máis padecida pero que ó ter unha porcentaxe de curación do 90%, os pacientes non chegan a precisar este servizo”.
O dispositivo atende a unha poboación de 167.110 habitantes repartidos en sectores urbáns, periurbáns e rurais. No ano 2007 a Asociación Contra o Cancro atendeu 414 chamadas telefónicas e realizou diversas charlas na provincia sobre a prevención do cancro de mama; prevención do tratamento do cancro; e sobre o manexo da dor do paciente terminal.
|