|  | | | | | O encontro do alcalde e os concelleiros de Urbanismo, Grandes Proxectos e Patrimonio con representantes do Sergas. | | | |
Responsables de Galicia e Pontevedra do Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
mantiveron esta tarde un encontro de traballo co alcalde de Vigo, Abel
Caballero, e diversos técnicos e concelleiros da cidade, acompañados dos
xerentes dos centros hospitalarios do Xeral e POVISA, no que revisaron o estado
das infraestructuras da área sanitaria de Vigo.
A reunión de hoxe pon o punto de partida as “relacións fluídas”, en
verbas do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que manterán a partir de hoxe o
Concello e o SERGAS de cara á cooperación e intercambio de información para a
mellora da situación sanitaria da cidade.
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia investíu en Vigo no 2008 o
35% do seu orzamento, polo que o alcalde mostrou a súa “satisfacción” e
agradeceu o “esforzo” do organismo autonómico para paliar a “laguna sanitaria”
herdada de anos anteriores.
Os encontros entre ambas institucións se producirán cada dous meses, o
que supón un “proceso de comunicación novedoso en Galicia”, segundo o
Secretario Xeral do SERGAS, Cayetano Rodríguez, quen salientou que, ata o de
agora, a colaboración co Concello de Vigo xa permitíu solventar temas
“enquistados desde fai tempo”, como o Centro de Saúde de Navia e o gran
hospital de Vigo.
En 2012
O Secretario Xeral do SERGAS, Cayetano Rodríguez, avanzou os pasos que
dará o gran hospital de Vigo para estar operativo en 2012. Segundo a
planificación prevista, o proxecto básico sería presentado “a finais de maio” e
o Consello da Xunta ratificaría a supramunicipalidad dos terreos en setembro.
Deste xeito, as obras poderían comezar entre “finais de 2008 e principios de
2009”. Coa planificación do SERGAS, o gran hospital de Vigo estaría operativo
en 2012, “tal e como comprometeu o Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño”,
salientou Rodríguez. O orzamento superará as estimacións do proxecto inicial,
acadando unha cifra próxima aos 300 millóns de euros.
Co novo proxecto, ampliado ao previsto incialmente e acordado cos
profesionais da sanidade e os técnicos, o gran hospital de Vigo contará con
1.440 camas e 4.000 prazas de aparcamento, e ocupará unha superficie superior
aos 170.000 metros cadrados.
Urxencias
Coa nova reordenación da área sanitaria de Vigo que ten en marcha a
Consellería de Sanidade, as zonas máis modernas do Hopital Xeral albergarían un
centro de atención especializada e un centro de salud. A idea prevista pola
Xunta de Galicia prevé a creación no recinto dun gran centro de atención
primaria que centralice as urxencias e evite a ocupación das infraestructuras
sanitarias nos casos nos que non sexa preciso.
Centros de Saúde
Aos futuros centros de Navia, en fase de adxudicación, e de Bouzas, cos
terreos en máns da Consellería, Sanidade prevé construir tres máis dentro da
reordenación da área sanitaria de Vigo. Os seus responsables avanzaron que se
fan necesarios tres novos centros no entorno da Seara, do Calvario e de
Balaídos, que se sumen á utilización combinada do Hospital Xeral e ao servizo
do gran hospital de Vigo. |