Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Sanidad-Salud

A Deputación financia con 10.000 euros a Asociación de Apoio ás Vítimas de Delitos Violentos e os seus Familiares

por Vm - 13/04/2008

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou a sinatura dun convenio de colaboración dotado con 10.000 euros coa Asociación de Apoio ás Vítimas de Delitos Violentos e os seus Familiares (AVIDEV), que terá por obxecto colaborar económicamente no financiamento dun avogado para dar reposta a cuestións xurídicas, un psicólogo para o apoio as vítimas e os seu familiares, e un asistente social. 

Tal e como explicou o vicepresidente, José Manuel Figueroa, “no 2007 a asociación desenvolveu un intenso traballo de asesoramento e orientación a sete familias (15 persoas aproximadamente en total) que teñen sufrido delitos violentos”. A colaboración entre a institución provincial e AVIDEV estableceuse por vez primeira no 2006, dende este momento e por mediación da Deputación de Pontevedra, esta Asociación ten á súa disposición os servizos dun psicólogo, un avogado e máis un asistente social.

A Asociación de Apoio ás Vítimas e Familiares de Delitos Violentos creouse no ano 2004 por 17 familias que sufriron a desaparición ou morte dos seus seres queridos para axudar, defender, apoiar e asesorar ás vítimas e familiares de delitos violentos.

Por outra banda, aprobouse a sinatura dun convenio de colaboración coa Asociación Galega de Xogadores de Azar (AGAJA), a través do cal destinará 3.000 euros que posibilitan a contratación da asistencia psicolóxica profesional. 

Segundo informou o vicepresidente, José Manuel Figueroa, “AGAJA  desenvolve actividades de prevención, información e tratamento integral, con persoal voluntario e contratado”, no seu local de Vigo polas tardes de luns a venres. No 2007 a asociación  desenvolveu 480 terapias psicolóxicas, 2 talleres de relaxación, 12 reunións de coordinación co equipo terapéutico, e 2 xornadas formativas de dous días cada unha dirixidas ós monitores. En total, no 2007 foron atendidas 130 persoas con problemas de adiccións. 

AGAJA é unha asociación que ten máis de 15 anos de historia e que foi impulsada por 15 xogadores en rehabilitación, os seus familiares e co asesoramento dunhas psiquiatra e tres psicólogas. Dende o seu nacemento ven traballando como centro de tratamento para o xogo patolóxico, aínda que tratan outras adiccións como a compra compulsiva, a adicción a internet ou a teléfonos móbiles. 

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 86 votos
¿Cree que la ley debería ser más rigurosa contra infractores reincidentes como 'Makelele', implicado en las muertes de Jenaro de la Fuente?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com