|
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe o listado de participantes na ‘Campaña de Primavera’ (abril, maio e xuño) do programa de Balnearios, nas que participarán 1.137 persoas en total procedentes de 26 concellos.
O programa consiste en pasar cinco tardes ou mañás seguidas de luns a venres nun balneario da provincia, onde os usuarios disfrutarán durante dúas horas das instalacións como piscinas, camas de masaxe, sauna, cabinas de vapor etc. Os beneficiarios son recollidos por autobuses en puntos sinalados.
Da Comarca de Pontevedra hai 179 participantes de Barro (33 usuarios), A Lama (18), Ponte Caldelas (30), Vilaboa (24), Pontevedra (74). Da Comarca de Caldas, 198 participantes de Pontecesures (23), Moraña (58), Catoira (65), Valga (52).
Da Comarca de Arousa, 76 participantes de A Illa (21) e Meaño (55). Da Comarca de Vigo hai 165 usuarios de Fornelos de Montes (30), Soutomaior (15), Redondela (120). Da Comarca do Deza, 121 participantes de Forcarei (61), Cercedo (30), e A Estrada (30). Do Sur da provincia, Salceda (30), Covelo (16), Salvaterra (73), A Guarda (22), O Rosal (15), Tomiño (30), Oia (30), Nigrán (30), e Mos (152).
O organismo provincial subvencionará a cada usuario con 52 euros, os concellos adheridos financiarán 32 euros por persoa e os beneficiarios deberán pagar 31 euros se van ó balneario de Cuntis, 36 euros se asisten ó balneario de Mondariz e 43 euros se viaxan ó balneario de A Toxa.
Nos casos nos que o concello non participe no programa, como ocorre en Pontevedra e Oia, o usuario deberán pagar 63 euros por ir ó balneario de Cuntis, 68 por Mondariz e 75 por acudir ó balneario de A Toxa.
|