|  | | | | | Los productos artesanos todavía tienen vida en Galicia. REMITIDA. | | | |
O papel dos galegos e de Galicia no eido da artesanía foi sempre destacado. 'Nesta terra' o producto feito man -o que non ten réplica posible, do que tan só se pode acadar unha certa similitude- desempeñou e desempeña un cargo de relevancia.
Esto ocorreu porque na maioría dos pobos e vilas, e incluso nalgunhas das cidades galegas de antano, os útiles empregados no día a día eran feitos a man, intercambiados nuns casos pola moeda que todo o rexe, e noutros por algúns útiles atendendo máis ó seu valor utilitario.
Agora, nestes días en que o consumo e o capital son patrón e barco que nos guían e levan polo mundo, a recuperación da artesanía -do valor engadido da peza única feita a man- busca acadar un papel distintivo.
O apoio das institucións
Co nacemento anos atrás da marca 'Artesanía de Galicia', búscase darlle un impulso ó sector dende o ámbito institucional, concretamente dende a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. E tamén darlle un nome propio dentro das fronteiras do Estado español e potenciar o seu nome no eido internacional.
A venda directa -sempre o contacto entre artesán e comprador- parece o modo ideal de presentar este tipo de traballos. Que mellor maneira que amosar o froito do traballo manual o seu mesmo creador, explicar de onde lle veu a idea, a inspiración, e incluso o que agarda conseguir a través da súa obra.
Neste senso, a Consellería pón a disposición de artesáns e talleres artesanais un stand institucional de 200 metros cadrados no que ata 12 profesionais poden presentar e vender o 'froito' das súas ideas tanto en España como no exterior. Un exemplo é a participación en “L'Artigiano in fiera”, celebrado en Milán a escasas datas do Nadal pasado.
Esta mostra celebrada en Italia foi unha feira de venda directa cunha afluencia de público considerable, se ben a proximidade das datas de Nadal axudaron a que houbese tal cantidade de asistentes. “L'Artigiano in fiera” está considerada o maior certame internacional dedicado á artesanía. Ademais, marcou o pistoletazo de saída para este novo proxecto, materializado no stand institucional.
Os stands europeos
No transcurso da celebración, o presidente da 'fiera', Antonio Intiglietta, anunciou que de cara a próxima edición está previsto agrupar aqueles stands europeos que aúnen unha calidade sobresaínte. E Artesanía de Galicia atópase nese grupo.
Trátase de 200 metros cadrados de caseta, onde cada profesional -pode albergar ata doce- conta cun espacio individual, xunto con un almacén para as súas obras. Neste sentido, teñen a súa disposición personal contratado pola Consellería que, sobre todo, desempeña o papel de traductor -o carácter internacional desta proposta é fundamental nas súas aspiracións de promoción-.
Por outra parte, e no relativo ós custes, A Fundación Artesanía de Galicia ocúpase de subvencionar o 75 % dos gastos de aluguer de cada espazo individual, do transporte e do seguro das pezas dos artesáns, así como de proporcionarlles unha zona común de promoción.
Á procura da consolidación
“Coa posta en marcha do plan estratéxico é a primeira vez que se fai unha actuación de promoción conxunta do sector”, indica Rúa, que á hora de falar sobre os plans do seu despacho de cara ó ano que vén insiste en “consolidar a marca Antesanía de Galicia no mercado exterior” así como “dentro do país”.
O sector atópase nun momento de crecemento e consolidación, e contará co “respaldo institucional ós nosos artesáns e artesás. O futuro está na profesionalización, pola formacióin especializada, por unha mellor comercialización e pola modernización e crecemento das empresas artesás” finalizou a directora xeral de Comercio.
Asimesmo, cabe destacar como un novo paso adiante a inclusión destes productos na Rede de Comercio Rural Galego, que comezan a actuar como unha nova canle de distribución de artesanía galega.
Tamén se prepara unha campaña de cara ós comercios susceptibles de vender artesanía para intentar introducila entre os seus productos, ademais doutra adicada ó pobo, para reivindicar nel o papel e o poder da calidade da marca 'Artesanía de Galicia'. |