Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Política

Luis Piña será o portavoz da comarca no 11º Congreso do PSdeG

por Vm - 20/07/2008
Luis Piña, foi elixido por unanimidade como o portavoz da comarca do Condado-Paradanta durante o 11º Congreso do PSdeG. R.D.

O secretario xeral comarcal socialista, Luis Piña, foi elixido por unanimidade como o portavoz da comarca do Condado-Paradanta durante o 11º Congreso do PSdeG que celebrarase os próximos 26 e 27 de xullo. Nesta cita definirase a política do partido cara ó futuro e elixirase a súa nova comisión executiva.

A decisión tivo lugar tras unha xuntanza celebrada o pasado xoves, na que os delegados do PSdeG-PSOE dos oito municipios do Condado-Paradanta se constituíron coma Delegación e elixiron por unanimidade a Piña como portavoz da mesma.

O voceiro da Delegación comentou que "os socialistas afrontamos este congreso cun maior grado de responsabilidade, se cabe, polo feito de estarmos gobernando Galicia". "Esta cita ten que reafirmar e potencialo proxecto político dos socialistas para Galicia, un proxecto que de cara ás próximas eleccións autonómicas logre a aprobación e un apoio maioritario dos cidadáns galegos".

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 46 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com