Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Política

Louzán defende 'un pacto polo territorio' durante as Xornadas de Urbanismo

por Vm - 09/05/2008
'En Galicia mesmo, a día de hoxe, aínda non hai directrices de Ordenación', denunciou Louzán.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, clausurou onte as 'V Xornadas de Urbanismo da Deputación de Pontevedra' sinalando que "debe haber un gran pacto de Estado polo territorio, pois, en caso contrario, as dificultades para facer Urbanismo serán cada vez máis complicadas".


"En Galicia mesmo", denunciou Louzán no seu discurso, "a día de hoxe, aínda non hai directrices de Ordenación, nin se desenvolveu o regulamento da Ley 9, nin se aprobou o prometido Plan do Litoral que impide que perto de 70 Concellos non poidan facer planeamentos".


Previamente, desenvolveuse a última das actividades previstas dentro do programa das xornadas, a mesa redonda sobre 'A labor dos técnicos: Da teoría á práctica da xestión urbanística', na que participaron os arquitectos Manuel Freijeiro, Javier Rivas e Pepe Romero moderados por Encarna Rivas, directora de Urbanismo da Deputación.


Freijeiro fixo fincapé na súa intervención no feito de que "Vigo será o único Concello da provincia que aprobe o plan actualizado. E resulta impensable que os demais municipios da provincia o poidan conseguir, posto que a proceso da xestión urbanística é largo e pode dilatarse, catro, cinco ou seis anos". Punto este no que conveu o arquitecto Javier Rivas, quen xustificou este feito na razón de que a práctica da xestión urbanística é aínda algo recente.


Romero, pola súa parte, criticou "a tremenda inestabilidade do marco xurídico", ó que se deixa reflectir "na debilidade dos concellos, na disparatada carrera por redactar e modificar as leis, e na soidade dos municipios fronte a impunidade urbanística".

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 86 votos
¿Cree que la ley debería ser más rigurosa contra infractores reincidentes como 'Makelele', implicado en las muertes de Jenaro de la Fuente?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com