Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Política

Davila presenta unha proposición no Congreso para reducir a idade de xubilación das redeiras

por Vm - 03/05/2008

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou na Cámara unha proposición non de lei para ser debatida en Pleno na que insta ao Goberno a adoptar as modificacións lexislativas precisas para reducir a idade de xubilación do colectivo de redeiras, incluidas no Réxime Especial de Traballadores do Mar. 


Na súa iniciativa parlamentar, a deputada nacionalista salienta que a actividade que desenvolven estas traballadoras, a de atar redes para os barcos, “é penosa e insalubre. Mostra delo é que se rexistra un elevado índice de morbilidade entre este colectivo, superior incluso ás dos mariñeiros ou mariscadores”.  


Neste sentido, Davila recalca que as redeiras padecen diversas enfermidades relacionadas coa actividade que desempeñan máis “non se benefician dos coeficientes reductores da idade de xubilación, un dereito laboral que si desfrutan outros profesionais do mar do sector extractivo, e acollidos igualmente ao Réxime  Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar”.  


Davila explica ao Goberno que o labor das redeiras se orixinou coa utilización das artes de enmalle na pesca a comezos do século pasado. “Son, na súa maioría, mulleres as que se adican a esta actividade. A maior parte desenvolve o seu traballo en pequenas poboacións costeiras de Galiza, e é unha actividade auxiliar da pesca que da traballo a aproximadamente 1.200 persoas”.

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 32 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com