|
O PPdeG considera que a decisión da Xunta de incrementar as peaxes das dúas vías que xestiona a empresa pública Autoestradas de Galicia “evidencia unha nova contradición” do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, “xa que mentres afirma estar en contra das peaxes, incrementa as tarifas en plena crise económica”.
Alejandro Gómez Alonso, voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, interpreta que o discurso público do titular da Xunta en contra das peaxes “fai auga por todas partes”, na medida en que representa una mostra máis das incongruencias que, cada día, distancian aínda máis as declaracións públicas de Pérez Touriño das decisións que adopta o Goberno que preside.
Coa inflación disparada no 4,6% -o prezos dos combustibles medrou un 20% no último ano, mentres que produtos básicos da cesta da compra, como o leite o fixeron en preto dun 30%-, as novas tarifas das autoestradas autonómicas constitúen “unha nova agresión á economía das familias”, máxime cando o máximo responsable da Xunta ten afirmado, “en reiteradas ocasións”, a súa hipotética oposición á aplicación de tarifas deste tipo.
|