Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Medio ambiente

Adenco esixe medidas reais aos Concellos para comprometerse co Medio e o Desenvolvemento Sostible

por Vm - 21/04/2008

O Grupo Ecoloxista Adenco vai esixir medidas reais aos Concellos para que se comprometan co Medio Ambiente. Maña, ‘Día da Terra’, os ecoloxistas anuncian a proposta de numerosas iniciativas, todas de sinxela implantación na Administración Local, aos Concellos da Comarca, co obxectivo de conseguir unha implicación real dos gobernos municipais de cara a un Desenvolvemento Sostible no Condado. 

“Os gobernos municipais teñen na súa man a posibilidade de implementar numerosas iniciativas nos seus Concellos, involucrando a toda a cidadanía, para lograr un Desenvolvemento Sostible que reduza o impacto da nosa forma de vida no Medio”, di o presidente de Adenco, Anxo Saborido. Así, este grupo ecoloxista vai suxerirá, de partida, a creación dos Consellos Municipais do Medio Ambiente en cada Concello, onde estén representados todos os sectores implicados na cuestión e que trate todas as cuestións relacionadas co Medio.

Adenco tamén vai promover o aforro enerxético, reducir o consumo de auga e a xeración de residuos nas dependencias municipais e no Concello en xeral; pedir que se declare o Concello Zona Libre de Transxénicos; desenvolver un proceso de Axenda 21 Local aberto e participativo; apoiar o transporte colectivo, fomentando o seu uso; e crear Espazos Naturais Protexidos Municipais.

Ademais, o Grupo Ecoloxista Adenco solicitará unha entrevista con cada un dos responsables municipais na materia, para coñecer cales son os obxectivos da súa área de competencia e coñecer, de primeira man, a implicación dos Concellos da Comarca para co Medio. 
 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 37 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com