|  | | | | | A 'Operación Carballo' naceo tralos incendios forestais que asolaron Galicia no verán de 2006. | | | |
Un total de 755 escolares prantaron en Coruxo máis de 1.200 carballos, dentro da "Operación Carballo", promovida pola Obra Social de Caixa Galicia coa colaboración co Concello de Vigo. O proxecto naceu tras os incendios forestais que asolaron Galicia no verán de 2006.
A "Operación Carballo", que se desenvolverá ao longo do martes 15 de abril e ata o xoves 17, deu comezo este martes coa plantazón de máis de 1.200 árbores no Monte Coruxo, en Vigo. Esta iniciativa xurdíu a raíz da ola de incendios que asolou a nosa Comunidade no verán de 2006, como una actuación de reforestación e de educación ambiental ao mesmo tempo.
Os escolares, procedentes de 18 centros das provincias de Pontevedra e Ourense, seleccionaron os carballos e participaron este martes na súa forestación, acompañados do alcalde de Vigo, Abel Caballero, o Diretor Xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, e o Presidente da Comunidade de Montes de Coruxo, Antonio Ocampo. Á finalización do acto, as autoridades descubriron unha placa conmemorativa do evento.
Éxito en Galicia
A nivel autonómico, a "Operación Carballo" supuxo un éxito de convocatoria. Preto de 1.000 maiores e 4.000 escolares foron coordinados desde a Obra Social Caixa Galicia para recoller nas carballeiras do país miles de landras que están dando lugar a novos bosques. Participaron neste labor 63 centros escolares da nosa Comunidade, os dez Centros de Maiores da Obra Social Caixa Galicia, a Residencia A Cidade da Coruña e o Centro On.
| Abel Caballero e José Luis Méndez tamén prantaron un carballo en Coruxo. |
Moitos deses carballos, máis de 10.000, plantáronse nas principais cidades de Galicia a primavera pasada, tras haber xerminado e crecido ao coidado da rede de Centros de Maiores da Obra Social Caixa Galicia.
En canto aos carballos recollidos polos escolares, e xerminados ao abrigo das aulas, foron resgardados ao longo do verán pasado nun viveiro mentres crecían fortalecéndose ata converterse en xoves árbores listos para ser trasprantados e conformar un novo bosque.
Deste xeito, os alumnos e alumnas tomaron parte en todo o proceso, desde a recollida e plantación inicial de landras, pasando polo seu coidado mentres xerminan, ata a súa plantación final. |