|
A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, colaborará coa Xunta de Galicia na mellora e conservación do patrimonio natural dos soutos en Galicia. Este traballo desenvolverase a través dun convenio de colaboración entre Areeiro e a Xunta de Galicia que o financiará cunha achega de 205.000 euros.
Concretamente, o persoal técnico de Areeiro desenvolverá dous programas, un sobre o control biolóxico do chancro que afecta ós castiñeiros e outro sobre a loita contra as pragas que afectan ó froito do castiñeiro. O método de cada traballo será o seguinte:
O programa de control biolóxico do chancro de castiñeiro (Chyphonectria parasitica) desenvolverase mediante a aplicación de cepas hipovirulentas detectadas en Galicia. A execución deste proxecto levarase a cabo durante tres anos.
O primeiro ano completaranse os estudos de conversión as 4 cepas hipovirulentas, detectadas en Galicia para coñecer se se dispón de máis dunha cepa hipovirulenta compatible cos tipos de compatibilidade vexetativa. Así mesmo, para comprobar o efecto protector das cepas hipovirulentas sobre os tipos vc de Cryphonectria parasitica levaranse a cabo diferentes ensaios en condicións controladas sobre fragmentos vexetais de Castanea sativa.
O segundo ano elaborarase no laboratorio un inóculo hipovirulento para posteriormente aplicar en campo, así mesmo seleccionarase unha parcela de castaños experimental para realizar ensaios que permitan analizar o poder protector do inóculo desarrollado. Posteriormente elixiranse diferentes parcelas nas provincias de Lugo e Ourense para a aplicación do inoculo hipovirulento e, finalmente, marcaranse e analizaranse os cancros das árbores inoculadas e dos castaños establecidos como control para facer un seguimento periódico da evolución das lesións.
Finalmente, o terceiro ano elaborarase no laboratorio un inoculo hipovirulento para posteriormente aplicar en campo a gran escala en masas de castaño afectadas por C. parasitica. Ó igual que no caso anterior, os técnicos de Areeiro marcarán e analizarán o s cancros de los árbores inoculados e dos castaños establecidos como control e farán un seguimento periódico das lesións.
Loita contra as pragas que afectan ó froito do castiñeiro
Do mesmo xeito, elaborará un programa de loita biolóxica contra as principais pragas de insectos que atacan o froito do castiñeiro, mediante a identificación de especies de nematodos entomopatóxenos (NEPs), coa obtención de cepas adaptadas ás condicións galegas e coa realización de ensaios no campo e no laboratorio para corroborar a súa eficacia contra estas pragas.
Así, o traballo consistirá no mostreo dos sotos característicos das catro provincias galegas; unha vez identificadas as cepas criaranse para dispoñer de xuvenís infectivos suficientes para a realización dos ensaios posteriores ; e na realización de probas de eficacia utilizando cepas de NEPs no chan contra larvas que causan grandes perdas económicas na produción de castaña co obxecto de identificar que cepas son as máis efectivas contra cada un dos insectos.
Posteriormente, levaranse a cabo estudos para comprobar a persistencia de nematodos entomopatóxenos no chan e, finalmente, realizaranse experimentos en campo para avaliar a efectividade das cepas seleccionadas no laboratorio contra as diferentes pragas que afectan ó producto do castaño.
|