Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Medio ambiente

A Consellería de Medio Ambiente e “la Caixa” editan unha guía completa do parque natural do monte Aloia no 30 aniversario deste espazo natural

por Ramón Santorio - 04/03/2008
Vistas desde o monte Aloia.

A Consellería de Medio Ambiente e a Obra Social de “la Caixa” veñen de editar unha guía do parque natural do Monte Aloia, un dos seis espazos deste tipo existentes en Galicia. A publicación coincide coa conmemoración do 30 aniversario da constitución do parque do Monte Aloia, que foi creado o 4 de decembro de 1978. Trátase dunha completa guía para os centos de visitantes que cada ano se desprazan ata espazo situado na provincia de Pontevedra.

 

Polo de agora, editáronse 4.000 guías, dúas mil en castelán e outras tantas en galego, que se poderán atopar no centro de visitantes do propio parque. A guía pon a disposición do usuario un total de cinco rutas de sendeirismo autoguiadas. Todos os itinerarios están sinalizados e informan sobre a fauna e a flora coa que se atopará o visitante. Así mesmo, existe unha senda botánica situada nas inmediacións do centro de visitantes, a Casa Forestal Enxeñeiro Areses, no que se organizan de xeito periódico exposicións temáticas, proxeccións audiovisuais, charlas, cursos e conferencias.

 

Escrita e ilustrada de xeito didáctico, a guía do Parque Natural do Monte Aloia explica tamén a fauna e flora que habitan no espazo, así como a súa historia. Neste senso, cabe salientar os insectos, en especial, as libélulas ou lepidópteros, e ata 58 especies de bolboretas diúrnas inventariadas. Tamén sobresaen réptiles e anfibios, non en van, o Monte Aloia está catalogado como zona de intereses para estas especies dentro do territorio español.

 

En canto á flora, hai que destacar que a guía recolle más de 500 especies  inventariadas e ilustra unhas 20 especies endémicas, así como información sobre árbores e formación autóctonas.

 

Convenio

A publicación da guía do Parque Natural do Monte Aloia é un dos proxectos que se ten realizado dentro do convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a Obra Social de “la Caixa” para a mellora dos espazos naturais galegos. Concretamente, no caso do Monte Aloia e o seu entorno, ambos organismos levaron a cabo outras tres actuación, que consistiron na eliminación de especies exóticas, a edición dun boletín informativo do parque, así como o acondicionamento do mirador de Cotorredondo. Nestes proxectos destinouse a contía de 62.000 euros, en total.

 

O convenio entre “la Caixa” e a consellería suporá un investimento de 4,5 millóns de euros nas áreas protexidas de Galicia, que se destinarán á mellora e mantemento de espazos naturais, así como actividades de divulgación, valorización e uso público, para cuxa execución se prioriza a contratación de persoas en risco de exclusión social. 

    
Sobre este artículo
5 / 5 (1 Votos)
Encuesta
Hay un total de 86 votos
¿Cree que la ley debería ser más rigurosa contra infractores reincidentes como 'Makelele', implicado en las muertes de Jenaro de la Fuente?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com