Aqui te ven
Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Medio ambiente

Expertos coinciden en que as especies foráneas poden causar danos na flora autóctona

por VM - 16/10/2008

Expertos, técnicos e poñentes participantes no I Simposio Iberoamericano de Horticultura Ornamental, que remata este venres en Pontevedra, coinciden en que moitas das especies invasoras que afectan á flora autóctona entraron na nosa comunidade a través da man humana como plantas ornamentais. Segundo explicou hoxe a presidenta do comité organizador, Carmen Salinero, especies como a 'Gledisia' e o 'Ailantus' son exemplos clarísimos de prantas que entraron a través da xardinería e hoxe son especies invasoras moi difíciles de controlar. "Ocorre que ó chegar á nosa terra, estas plantas atopan un clima e un ambiente diferente que lles fai actuar cun comportamento invasor que afecta á diversidade autóctona a causa da súa propagación".

Precisamente, os poñentes Jesús Izco Sevillano do departamento de Botánica da USC; e María Dalila Espirito Santo do Jardim Botânico da Ajuda, da Universidade Técnica de Lisboa, coincidiron nesta tese nas súas exposicións públicas e ademais de alertaron sobre o uso inadecuado de plantas foráneas". Unha das consecuencias producidas por esta redistribución de especies, segundo apuntou Carmen Salinero, "é a transmisión de pragas". Segundo comentou "moitas das plantas foráneas introducidas xeran enfermidades e pragas que non afectan ó noso ecosistema pero que como se desenvolven nestas plantas poden, transmitirse ás especies autóctonas".

Neste senso, a presidenta do comité organizador do I Simposio Iberoamericano de Horticultura Ornamental comentou que "debemos utilizar as nosas especies autóctonas que, ademais "están a acadar cada vez máis valor". Un exemplo son as "Ericas" que hoxe en día están en todos os viveiros do mundo como plantas de maceta, e son plantas procedentes dos nosos montes, ocorre o mesmo cos "fentos" e outras moitas plantas".

Outro dos puntos importantes abordados este xoves no I Simposio Iberoamericano e nas IV Xornadas de Horticultura Ornamental foi o relacionado co uso eficiente da auga en xardinería. Un importante número dos participantes neste foro proceden da zona mediterránea e do sur de Portugal, onde o uso responsable e eficiente da auga constitúe un dos grandes problemas á hora de conservar as plantas porque se trata dun recurso escaso.

O doutor Pére Cabort Roig, do departamento de Xenética Vexetal de IRTA-Cabrils (Barcelona) comentou precisamente hoxe que "a auga é un ben cada vez máis escaso nas zonas de clima Mediterráneo". Considera que "hai que cambiar o concepto de área verde e deseñar pensando con que auga regaremos e tamén de canta disporemos".

 

 

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección de VigoMetropolitano indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen


Acepto que VigoMetropolitano me envíe al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Publicidad
Agora Centros
Publicidad
Ponteareas Comercial
Encuesta
Hay un total de 41 votos
¿Cree justificada la moción de censura del concello de Gondomar para apartar a Araúxo (BNG) del gobierno del municipio?










Publicidad
Onda Cero - balones y fogones
Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios
   
Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Concello da Cañiza
Powered by: PHPCow.com