Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Mar

Davila demanda ao Goberno medidas de apoio para o sector pesqueiro

por Vm - 08/05/2008

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, pidiu á ministra de Medio Rural e Medio Mariño, Elena Espinosa, que se adopten medidas para controlar a importante baixada de prezos en lonxa de especies como o peixe espada.

 

Asemade, preguntou ao Executivo se ten previsto realizar ante a Unión Europeia unha solicitude de maior control das descargas de peixe espada nos portos comunitarios através do sistema VMS aos buques que descargan peixe espada en portos comunitarios "a fin de detectar se contan coa licencia de pesca correspondente".

 

Davila chama a atención do Goberno sobre a gravedade da crise pola que atravesa o sector pesqueiro, que onte se manifestou en Compostela, "unha crise que pode desembocar no desguace de moitas das súas embarcacións". A deputada nacionalista sinala a incidencia de diversos factores nesta situación. Por un lado, "o disparatado incremento do prezos dos combustíbeis, que está a converter as saídas ao mar nunha actividade moi onerosa xa que supón perdas para os mariñeiros en vez de ganancias". Por outro lado, está a caída do prezo en lonxa do peixe espada, "un descenso no prezo que se agravou especialmente no último ano e que en ocasións se sitúa incluso por debaixo do prezo de referencia que marca a UE".

 

Outro factor que se debe ter en conta e que incide na cuestión dos prezos, advirte a parlamentar do BNG, "está relacionado coas importacións de peixe espada, sobre todo, aquelas descargas que poden non ser legais por carecer da licencia pertinente. A evolución das importacións está a rexistrar un alza considerábel. No ano 2005 as importacións eran de 6.800 toneladas, e no 2007 ascenderon até 11.6000 toneladas".

 

A deputada do BNG afirma que, en concreto, esta frota pesqueira suma perdas por duplicado, "afectado polo aumento dos prezos do gasoil e pola relevante caída dos prezos deste produto pesqueiro".

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 37 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com