|
|
Caballero e Paz fan un chamamento ao consenso sobre a ampliación do Porto |
|
|
| por Vm - 03/04/2008 | | |  | | | | | Jesús Paz e Abel Caballero, esta mañá. | | | |
O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da Autoridade Porturaria de Vigo, Jesús Paz, salientaron esta mañá a necesidade dun consenso cidadán arredor do futuro do Porto, despois do encontro de traballo que ambos mantiveron no Concello e no que Paz entregou ao alcalde o plan de ampliación das instalacións portuarias elaborado pola institución que preside. O plan, presentado o xoves pasado, prevé ampliar o Porto gañándolle 230.000 m2 á ría, co obxectivo de garantir a súa competitividade nos próximos anos. Abel Caballero aclarou que a proposta da Autoridade Portuaria ten un carácter "aberto", xa que constitúe un "documento de traballo" que deberá ser estudado "moi a fondo" nun proceso de "debate social e político". Neste sentido, o alcalde asegurou que "este é o momento de definir o futuro do Porto" e para conseguir este obxectivo avogou polo "consenso cidadán" e a "confluencia de opinións".
Na mesma liña, Jesús Paz indicou que "estamos nun período de información" no que se sucederán as reunións para buscar o consenso "das forzas políticas e dos sectores económicos, sociais e medioambientais".
En relación ao contido do plan, Abel Caballero congratulouse porque nel aparecen "de forma inequívoca" os proxectos Nouvel e de Beiramar. Con respecto a este último, o alcalde afirmou que "é a mellor noticia" que podía recibir Vigo, xa que "asegura o contacto da cidade co mar". Pola súa parte, Jesús Paz dixo do proxecto Nouvel que "é factible", sempre que encaixe "no proxecto global".
O presidente da Autoridade Portuaria engadiu que algunhas das actuacións incluídas na proposta poderían comezar a executarse "mañá" dado que "xa teñen soporte xurídico". En todo caso, Jesús Paz estima que 2015 "sería unha data razoable" para que todo o plan de reforma do Porto estea executado ou en vías de execución. |
|
|
|
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 32 votos ¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?
|
|
|
|
|