|
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou onte un convenio de colaboración que asinará coa Diócese de Tui-Vigo a través do cal ambas institucións financiarán ó 50% obras de rehabilitación de tres edificios do patrimonio histórico-relixioso.
Así, a Deputación e a Diócese investirán 124.000 euros (62.000 euros cada unha) na reposicición do tellado da igrexa de Santa María de Baíña en Baiona. Esta mellora precisará unha inversión de 42.000 euros dos cales 21.000 euros serán achegados pola Deputación. Tamén se tratará do saneamento da cimentación e da torre da capela da nosa señora da Guía, en Vigo. Esta obra custará 67.000 euros, dos cales 33.500 euros serán achegados pola administración provincial.
Finalmente, o convenio aprobado hoxe pola Xunta de Goberno establece unha actuación no cortaventos do interior da fachada oeste principal da parroquia de Santiago de Bembrive, en Vigo. Esta mellora terá un orzamento de 15.000 euros que tamén serán financiados ó 50%. A Deputación, polo tanto, achegará 7.500 euros á execución desta mellora.
|