|
Neste mes de mayo a diocese de Tui-Vigo homenaxea aos sacerdotes que cumpren anos 'redondos' neste 2008, dentro do seu servizo a Igrexa. Co gallo disto, o próximo día 13 de maio celebrarase unha conferencia, ás 10.30 horas, no Seminario que impartirá Jesús Gago para presentar a figura do beato Manuel Gómez González, sacerdote do presbiteriado de Tui-Vigo martirizado no Brasil e beatificado recentemente. Así mesmo, os rectores do seminario maior e menor farán unha comunicación sobre a vida nos seminarios da diocese.
As 12.00 horas celebrarase a santa Misa, na igrexa de san Francisco coa procesión eucarística a continuación ata o claustro para a consagración do Seminario ó Corazón de Xesús.
Os actos rematan cun xantar de homenaxe, no mesmo seminario.
60 anos de presbiterado, 1948-2008
Angel Villar Fernández
50 anos de presbiterado
Agustín Alonso Táboas
Jesús María R. Areán Pereira
Jaime H. Gallo Freijanes
Luis Gómez Jorge
David González Álvarez
Teodomiro González Ozores
Isaac Penela Carbajales
Manuel Pereira Francisco
Juan Pérez Rivas
Ramón Piñeiro Goldar
Manuel Riveiro Núñez
25 anos de presbiterado 1983-2008
Clodomiro Ogando Durán
José María Vázquez Piñeiro
Avelino Baquero Alonso |