Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Gastronomía-Alimentación

A primeira cata de viños de O Rosal confirma o nivel internacional dos brancos

por Vm - 20/07/2008
Cristina Mantilla, enóloga, durante a primeira cata comentada de viños do Rosal. RL..

José Serrano Cuadrillo xefe de servizo de calidade de productos da vide da subdirección xeral de calidade agroalimentaria e agricultura ecolóxica do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño foi o encargado de dirixir a I Cata comentada de viños de O Rosal. A cata contou coa participación de 28 profesionais do sector do viño desde enólogos ata distribuidores e responsables de adegas rosaleiras. A cata abarcou 6 viños rosal e 4 albariños así coma un tinto.

Entre os asistentes, a enóloga Cristina Mantilla, saíu satisfeita e declarou que a calidade é "magnífica". Para Mantilla os brancos do Rosal están a nivel internacional e "non teñen que envexar a ningún outro branco do mundo". No caso do tinto "é unha idea a considerar, elaborar un tinto con variedades do Rosal" aínda que recoñeceu que se está a empezar a vida desas vides.

A festa continúa coa degustación de viño a cargo de 11 adegas con stands na praza do Calvario e productos gastronómicos desde as 11.00 horas do domingo ata a clausura ás 24.00 horas.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 43 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com