|  | | | | | O restaurante Gaviota ofreceu este ano por primera vez os seus productos nun dos stands da carpa da Festa da Langosta. RL. | | | |
Máis de 2.000 racións de langosta foron despachadas, entre o sábado e o domingo, na XVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira de A Guarda, segundo datos da concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes a última hora da tarde do domingo, cando aínda seguía a degustación. Ademais productos como o choco e as filloas e a auga esgotáronse na tarde do domingo. Un exemplo de como medrou esta cita gastronómica é que o ano pasado fixéronse 5.000 croquetas de marisco e este ano o dobre, 10.000. Magallanes destacou a "axilidade" no servizo xa que este ano a venda era directa e non había unha venda previa de tickets para logo mercar.
Os maiores gozaron cos xogos populares que lle recordaban a outros tempos e os cativos co grupo Troula.
Na mañá domingo, xa a medio día, as mesas baixo a carpa empezaron a encherse de comensais ávidos de degustar a langosta (35 euros e 18 a metade) e outros productos de mar como percebe (18 euros), zamburiñas (8 euros), ameixas (9 euros), gambas a prancha (7 euros), polbo (6 euros), chocos (5 euros), cegalas (10 euros) e moitos máis así como empanadas, arroces e un variado elenco de postres. Este ano ampliouse en dous o número de restaurantes gardenses que ofrecen os seus productos, un total de 8.
Rómulo é brasileiro e acudiu a festa coa súa nai, Marisa, e viven estes días en Portugal, en Vilanova de Cerveira. Para eles que acudían por primeira vez a festa gastronómica manifestaron que o producto é un pouco más caro que en Brasil e que o "ambiente era moi agradable".
Naturais de Guipúzcoa y veraneando en Baiona Luis e Laura viñeron cos seus dous fillos Hariez y Lander también por primeira vez. A relación calidade prezo pareceulles adecuada e observan que é más barato o prezo que no país Vasco.
Non faltan os descontentos. E o caso de tres mozos médicos, dous de Portugal invitados por un español, Nelson, José e Manuel. Este di que "é unha vergonza a festa gastronómica". Están decepcionados e descontentos cos 110 euros que gastaron e prometen que van ir xantar a un restaurante. Tampouco se deixan fotografar.
Dous matrimonios de Madrid e Benidorm, Juan Francisco e Azucena, Jesús e Toñi confesan que o producto é "exquisito" e gústanlle o ambiente pero cren que está un tanto "masificado".
Da cidade de Pontevedra viñeron Javier e Sara coa seu fillo Daniel. "Temos unha boa impresión no pouco tempo que levamos aquí", explicou Javier mentres Sara ía a buscar os productos para degustar. Destaca este xove matrimonio a variedade de productos así como cualifica de "razoable" o prezo da langosta. "Creíamos que ía estar máis masificado pero xa vemos que non", explican desde a súa mesa dispostos a degustar o marisco.
Enrique e Irene xunto con seu fillo Daniel son de Pantón, Lugo. Eles viñeron por primeira vez a festa gastronómica da Langosta. Parécelles ben a relación calidade prezo pero din "as racións son un pouco escasas".
Polo paseo marítimo estaba Ángel, un vello mariñeiro agora xubilado que ve as cousas desde fóra. El cre que o prezo da langosta é demasiado caro. Ademais parécelle pequenas as pezas que ofrecen os restaurantes (o acordo de todos foi de entre 400 e 450 gramos cada langosta). Ángel lembra os tempos en que se pescaba este crustáceo. "Se tiña menos de 500 gramos había que devolvelo ao mar xa que senón podíante multar". Lembra como as langostas de A Guardía "cantaban", isto é facían un ruído característico coas súas antenas cousa que non facían as doutros mares.
En fin, A Guarda pecha nova edición co éxito de atraer moito turista a degustar o marisco rei, a langosta. |