Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Gastronomía-Alimentación

Taky R. Ponte substitúe a Marcelo Tejedor na presidencia do Grupo Nove

por Vm - 07/05/2008

O Grupo Nove celebrou onte unha xuntanza na que se conformou a nova xunta que asumirá a dirección do Grupo Gastronómico o longo do próximo ano. A partir de hoxe Xavier Rodríguez Ponte, Taky, membro fundador, é o novo presidente do Grupo Nove, sustituindo a Marcelo Tejedor que ocupou o cargo no último ano.

Taky, vinculado na actualidade a unha empresa de catering e que ata o de agora é o único cociñeiro galego que representou a España no certame internacional do Bocouse d`Or , estará acompañado na xunta directiva por Xoan Crujeiras (Restaurante A Estación), tamén socio fundador que continuará como vicepresidente, e Héctor López (Restaurante España), que se incorporou o grupo na ampliación realizada en 2006, que ocupará o cargo de secretario.

A nova directiva de Nove asume rematar os proxectos postos en marcha, entre os que destaca a edición dun libro de contos. Este é un dos proxectos máis ambiciosos do grupo, no que conta coa colaboración de Miguel Anxo Prado, como ilustrador, Víctor González, autor dos contos, e cunha banda sonora composta por Guadi, de Espido.

Na xuntanza celebrada onte na Casa de Brandariz, en Arzúa, a nova directiva asumiu tamén o compromiso de editar unha nova peza de comunicación que non deixará indiferente a ninguén.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com